Archivo de la etiqueta: EDLG

RITE CON NÓS!

Estándar

 

Este fin de semana a xente de Vilalonga non vai poder para de rir.

As alumnas e alumnos do colexio levaron tarxetas coma estas para repartir entre a familia,  amizades ou meter nas caixas do correo dos veciños/as.

Seguro que levarán unha boa sorpresa!1

codigos-qr

Despois de seguir estes pasos poderán ler os códigos QR e acceder aos vídeos dos chistes máis divertidos.

 

EDDLG principal

 

 

sinatura nova

 

RITE CON NÓS!

Estándar

Neste segundo trimestre non imos parar de rir no Ceip Plurilingüe Cruceiro.

Estamos argallando unha sorpresiña que chegará aos veciños/as de Vilalonga e que os fará rir a escachar.

Os nenos e nenas de 6ºA e  6ºB preparamos un titorial para ensinarlle ao resto do alumnado a crear códigos QR, pois vainos a facer moita falta para realizar esta actividade.

Shhh! Non digades nada por agora. Cando teñades os vosos vídeos seguide os pasos do titorial e pronto as risas encherán os fogares de Vilalonga.

EDDLG principal

sinatura nova

TROMPOS E MAGOSTO NO CRUCEIRO

Estándar

Nesta semana celebramos unha das festas máis típicas de Galicia: o Magosto.

Cada mes de novembro a festa do Magosto devólvelle o protagonismo a un dos productos estrela da gastronomía galega antes da chegada da pataca e do millo a nosa terra. Sabedes cal é?

Aquí tendes unha pista, a ver se adiviñades.

 

SON PEQUENIÑA,

E DE COR MARRÓN.

CANDO CHEGA O OUTONO

MÉTENME NO FOGÓN.

 

Por suposto, no Magosto que celebramos no colexio non faltaron as castañas asadas e os chourizos con pan. Que bo estaba todo!

CONCURSO DE TROMPOS

Pero non todo vai ser papar. Para espelir o bandullo nada mellor que xogar aos trompos.

No seguinte vídeo podedes ver algunhas imaxes do concurso que se levou a cabo ao longo da semana, e da gran final, celebrada o día do Magosto.

Gracias ao alumnado pola gran participación deste ano e noraboa a tódolos/as  premiados/as!

Os finalistas do concurso de trompos do Cruceiro e que polo tanto irán ao concurso intercentros en Portonovo son:

NA MODALIDADE DE  ESCACHAR

escachar

Mateo, María, Yago e Héctor.

EN  MALABARISMOS

final-malabarismos

Brais, Rodrigo e Pablo

Vaia malabaristas!

 

EDDLG principal

sinatura nova