MAGOSTO

Estándar

Por fin chegou o día!

Os trompos e buxas, o cheiro a castañas asadas e chourizos , o baile e as risas encheron o patio do colexio Cruceiro.

Foi unha xornada de Magosto moi divertida.

Premede na seguinte imaxe para ver algunhas fotos.FB_IMG_1509891516950

EDDLG principal      sinatura nova

Anuncios

SAMAÍN

Estándar

Un ano máis o alumnado de educación infantil xuntouse para celebrar o Samaín.

O día 31 viñeron disfrazados de criaturas que metían medo: lobos, meigas, momias… e todos xuntos e xuntas fomos ao ximnasio a cantar e bailar cancións como a de Samaín de Jesus Pareja, Corre, corre cabaciña , a Canción dos Esqueletes, ou  a Danza Macabra de Saint Saëns.

Nesa semana tamén se levaron a cabo diferentes obradoiros:

  • Obradoiro de manualidades. Nenos/as de 3, 4 e 5 anos mesturáronse nunha mesma clase para compartir este momento e crear xuntos. Deixaron voar a súa imaxinación e elaboraron monstros con formas xeométricas para pegar nas ventás.

  • Obradoiro de cociña. As familias visitaron as aulas para elaborar receitas terroríficas como arañas ou magdalenas con sangue de morcego. Aínda que daban algo de noxo á vista, ao gusto estaban boísimas.

  • Obradoiro de decoración de cabazas. Contamos de novo coa colaboración das familias que, con gran creatividade, axudaron aos máis pequenos/as a crear uns calacús arrepiantes.

Preme na seguinte imaxe para ver un vídeo-resumo da nosa celebración.

20171027_125927

Mentres en Galicia celebramos o Samáin, no resto do mundo celebran HALLOWEEN.

TUESDAY,  31ST October

Halloween  in our school

We love halloween!!

It´s halloween

Trick or treat???

 

halloween

sinatura nova

MAGOSTO

Estándar

Cheira a castañas, non vos parece?

Os nenos e nenas de terceiro xa fixeron os carteis anunciando o Magosto e teñen o programa do día elaborado.

Entregáronlle tamén a Carmen (a conserxe) o listado da compra.

Só falta que chegue o día!

magosto

Ide preparando os trompos e practicando moito, pois ese día será a Gran Final.

Os nenos e nenas de 4º xa nos pasaron a listaxe dos finalistas.  Podedes velas aquí:  FINALISTAS CONCURSO DE TROMPOS

Os participantes de educación infantil son:  INFANTIL

trompo gif

logo biblioEDDLG principal

 

MALABARISMOS

Estándar

Continúa o Concurso de Trompos nos recreos do colexio Cruceiro.

Se premedes na seguinte imaxe podedes ver algúns exemplos do dominio destes nenos e nenas co trompo.

A verdade é que o xurado ten unha tarefa ben complicada.

Agora, tócalle aos nenos e nenas de cuarto facer o reconto, e pronto publicarán os participantes que pasan a Gran Final, que terá lugar o día 14 de Novembro ás 10.30h.

IMG_4392

EDDLG principal