Archivo de la categoría: XOGADE

XOGADE

Estándar

O día 25 de abril viñeron a xogar ao noso cole as nenas e nenos do Ceip As Covas de Meaño, e o día 26  os benxamíns e benxaminas do Ceip de Nantes.

Se premedes na seguinte imaxe podedes ver o ben que o pasamos!

IMG-20170427-WA0000

sinatura nova

XOGADE!

Estándar

Un ano máis as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras dos coles da contorna unhas xornadas moi divertidas nas que o deporte e a convivencia son os auténticos gañadores.

Ata o de agora xogamos co Ceip de Nantes, Ceip Coirón de Dena, Ceip de Portonovo e Colexio Abrente.

Xogamos ao  baloncesto, balonmán, fútbol sala, xadrez e brilé.

Despois das actividades non perdoamos a nosa peza de froita, pois como todos sabemos, para gozar dunha boa saúde, cómpre facer deporte e levar unha dieta equilibrada.

1

2

3

4

sinatura nova