Archivo de la categoría: VARIOS

PARTIDO DO OBRADOIRO

Estándar

Alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron o pasado sábado ao partido celebrado en Santiago de Compostela na cancha do Clube de Baloncesto Obradoiro.

O primeiro que viron ao chegar foron os seus debuxos expostos no chan da entrada do pabillón e a verdade é que lucían moito. Logo subiron ás gradas e alí puideron disfrutar do partido, que, por suposto, gañou o equipo de Santiago.

Foi toda unha experiencia!!!

 

sinatura nova

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Estándar

O mércores celebramos o Samaín cunha actividade conxunta.

O ximnasio encheuse coas cabazas feitas polas familias.

Un xurado formado por unha profe, unha nai e unha alumna escolleron ás gañadoras das diferentes categorías.

Os artistas foron:

– Cabaza que da máis medo. Sergio Afonso (3º A)

– Cabaza máis traballada. Alex Amado (5º A)

– Cabaza máis simpática. Candela (1º)

– Cabaza máis orixinal. Antón (6º A)

NORABOA CHICOS!!!

Por arte de maxia o ximnasio converteuse nunha cova moi escura e misteriosa.

Alí estivemos rodeados dunha chea de fantásticas cabazas, esqueletos, pantasmas, arañas xigantes, osos…  en fin TERRORÍFICO!!!

Tivemos que entrar pola boca dunha cabaza xigante. Máis de un pasou algún que outro apuro por si á cabaza se lle ocorría dar un bocado, pero non pasou nada e todos pudemos entrar sen perigo.

Dentro da cova os seres fantásticos fixeron os seus esconxuros e botaron os seus medos fora.

A verdade é que non se escoitaron moi ben porque non sabemos que demo ou trasno estropeu a megafonía e non funcionaron os micrófonos. Prometemos que para o ano que ven faremos os esconxuros necesarios para que isto non volva a suceder!!!

Se queredes saber a que lle teñen medo os nenos clicade na seguinte imaxe.

Os medos aparecen por orde, dende os nenos de 3 anos ata os de 6º.

Despois de dicir os esconxuros vimos dous curtos moi simpáticos e cantamos a canción de “Samaín”, na que aparecimos nós disfrazados.

Clica na cabaza para ver as fotos.

XA TEMOS LOGOTIPO!!!

Estándar

Xa temos  logotipo para a exposición de niños do profe Hermida!!!

Moitas grazas a todas as familias que participaron no concurso.

Despois dunha reñida votación,  xa que había traballos moi bonitos, o elixido foi o de Úrsula Bea de 4 anos A.

Este logotipo representará á exposición de niños en calquera actividade que fagamos.

A día de hoxe xa é portada da programación interactiva multimedia que estamos desenvolvendo durante este curso dentro dun Proxecto de formación en centros e que pronto presentaremos para que toda a Comunidade Educativa poda disfrutar dela.

Aquí vos deixo unha pequena mostra.

UN NOVO CURSO!!!

Estándar

 

 ADEUS! ás vacacións e OLA! a un novo curso.

As portas do colexio volven a abrirse  para recibiros con moito agarimo.

Desexamos que veñades con forzas e ilusións renovadas para disfrutar do voso traballo no colexio.

Xa víchedes que o blog tamén se renovou. A verdade é que non foi por capricho, xa que estábamos moi contentos traballando co editor de Nireblog, pero esta plataforma pecha as súas portas polo que non temos mais remedio que cambiarnos.

O novo blog estará en WordPress e imos migrar a máxima información posible dende o outro, pero hai algúns post que non funcionarán ben. Tede paciencia porque intentaremos corrixir estes erros.

Se puxérades o anterior enderezo vos redireccionará automaticamente ao novo.

O novo enderezo do blog é:

https://ceipcruceiro.wordpress.com

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O  DISEÑO!!!