Archivo de la categoría: Uncategorized

COMEZAN A XIRAR OS TROMPOS

Estándar

Hoxe deu comezo o xa tradicional concurso de trompos do colexio e seguirá a súa marcha nas vindeiras semanas.

Trompos ao camiño!

Anuncios

MARES DE PLÁSTICO

Estándar

O pasado venres deu comezo no noso cole o proxecto que imos levar a cabo durante este curso: “MARES DE PLÁSTICO”.

Medio ambiente, reciclaxe, mares e océanos, ecosistemas, osíxeno, cambio, esperanza, etc. son palabras que resoarán nas nosas cabezas ao longo do curso. Polo de agora, unha cousa temos ben clara: O PLANETA PRECISA DA NOSA AXUDA!

Co paso das semanas amosaremos diferentes actividades levadas a cabo dende dito proxecto. Estade atentas e atentos!

MARES DE PLÁSTICO

FIN DE CURSO

Estándar

O último día do curso celebramos o gran FESTIVAL DE CINE como broche de ouro ao proxecto “UN COLE DE PELÍCULA”!

Nesta gala fixemos entrega dos Cruceiriños de prata e de ouro ás curtas que previamente as nenas e nenos votaron e houbo tempo tamén para actuacións, despedidas e un repaso en fotos dos mellores momentos do curso.

Agora chega o momento de gozar do verán e coller folgos para o seguinte curso. Levamos connosco unha chea de recordos que, de seguro, serán difíciles de esquecer.

Ata o curso que ven!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

AS NOSAS CURTAS

Estándar

Como parte do proxecto “UN COLE DE PELÍCULA”, todos os cursos levaron a cabo a gravación da súa propia curta. Foi un proceso moi interesante no que aprenderon moito e o cal tivo uns resultados alucinantes. Temos moi bos actores e actrices no Cruceiro!

Así mesmo, o vindeiro venres 21 de xuño, coincidindo co remate do curso, celebraremos un gran festival de cine onde teremos actuacións, entrega de premios e, por suposto, moita emoción.

MOURISCADE 2019

Estándar

Este ano na excursión de 5º fomos 3 días a Mouriscade, Lalín.

No primeiro día fomos de paseo polo monte que había e pola noite fixemos un paseo nocturno.

No segundo día fixemos unha ruta polo medio do monte e había moita lama. Manchámonos os zapatos pero logo secáronse e puidemos andar moito para ver o castro de Doade, a Casa do Patrón e o pobo de Mouriscade.

No terceiro día non queríamos marchar porque pasarámolo moi ben.

A LANZADA

Estándar

Como cada ano, o colexio ao completo desfrutou da saída á praia da Lanzada.

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria desprazouse ata alí camiñando mentres os outros cursos foron en bicicleta.

Pola mañá estivemos na praia facendo xogos e despois xantamos no pavillón do colexio de Noalla. Xa pola tarde, antes de volver para Vilalonga, fomos camiñando ata a Capela da Lanzada.

Un dos días máis agardados por todas e todos resultou todo un éxito!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.