Archivo de la categoría: SAIDAS O ENTORNO

Exposición Ornitolóxica ” Xosé Manuel Hermida”

Estándar

Hoxe a comunidade educativa do Ceip Cruceiro tivemos o pracer de acudir a inauguración da Exposición Ornitolóxica ” Xosé Manuel Hermida González”.

Foi unha actividade na que tivemos a oportunidade escoitar, observar e imaxinar.

O noso agradecemento a tod@s os que colaboraron para facer este soño realidade.

sinatura.bmp

Saída polo Entorno

Estándar

O alumnado do terceiro ciclo de primaria aproveitou a chegada da primavera para facer unha saída polo entorno. Xa que neste trimestre estamos a traballar o barro acudimos a telleira de Vilalonga para coñecer a maquinaria e o proceso de elaboración das tellas e ladrillos.Ademais tamén puidemos gozar dunha fermosa ruta pola natureza e unha merenda o aire libre.

Como veredes nas fotos o sol acompañounos toda a xornada.