Jun11
Archivo de la categoría: SAIDAS O ENTORNO
Jun7
Xornada na praia da Lanzada
Como cada ano a final de curso e iniciándonos xa en actividades propias do verán, realizamos unha saída á praia da Lanzada. O verán é tempo de praia, xogos ao aire libre e deporte.
Con esta actividade preténdese que os nenos e nenas descubran e valoren o espacio natural da contorna, gocen co deporte e aprendan a alimentarse de maneira equilibrada.
Para iso o plan para este día tan especial foi o seguinte:
1. Roteiro ata a praia da Lanzada en bicicleta (2º e 3º ciclo) e andando (1º ciclo)
2. Participar no proceso de elaboración dun menú saudable. Este ano foi o seguinte: de primeiro ensalada de garabanzos, de segundo «guiso de Carmen» e de postre, iogur con amorodos. As nenas e nenos colaboraron cortando leituga, debullando chícharos, poñendo a mesa…e por suposto axudando a recoller ao finalizar o xantar.
3. Participar nos xogos na praia como carreira de sacos, a corda…
4. Merendamos froita fresca.
5. Tempo para o baño.
6. Xantar.
7. Tempo libre.
PASÁMOLO MOI BEN!
May21