Archivo de la categoría: MÚSICA

TRABALLAMOS SOBRE A PAZ

Estándar

O día 30 de Xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

 Durante este curso no centro coexisten dous proxectos interdisciplinares que adquiren un protagonismo especial se falamos da paz: “IMAXINA A PICASSO” e ” COÑECENDO A THE BEATLES”.

 As mundialmente famosas pombas da paz que utilizamos como símbolo son creación do pintor malagueño e por suposto estarán presente nas nosas actividades, por outro lado está o “Guernica”, cadro pintado por Picasso para denunciar as mortes habidas no pobo de Guernica durante un bombardeo ocorrido no discurrir da Guerra Civil Española, que será o protagonista do xogo cooperativo que terá lugar o día 30.

E o cadro “Neno con pomba” que preside a cristaleira  do colexio foi recreado por todos os alumnos do colexio que se convertiron en protagonistas dunha maneira moi especial…

 No referente ao proxecto de música, xa no Nadal estudiamos a canción “HAPPY XMAS (WAR IS OVER) de John Lennon que facía un chamamento pola paz, e durante esta semana traballaremos con outras dúas cancións de Lennon que falan sobre este tema: ” IMAGINE” e “GIVE PEACE A CHANCE”.

Aquí tendes un vídeo moi orixinal sobre o “Guernica”.

Anuncios

ENTREGA DE PREMIOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Estándar

PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA

A profesora de Música, Mercedes Rivera, foi galardoada co 1º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA, na modalidade de Introducción das Competencias Básicas na aula dixital.
O traballo premiado titúlase: “MUSIQUEANDO COAS TIC: SAINT SAËNS E O ENTROIDO DOS ANIMAIS”.
Toda a comunidade educativa do colexio somos partícipes deste galardón.
¡PARABÉNS!