Jun7
Archivo de la categoría: MEDRA SAN
May9
Alimentación saudable
Neste terceiro trimestre afondaremos na importancia de alimentarnos axeitadamente.
Levar unha dieta equilibrada é fundamental para medrar san e ter a enerxía necesaria para facer o que máis nos guste durante todo o día.
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Con esta actividade descubrimos unha gran variedade de alimentos que teñen a súa orixe no mar e que podemos sumar aos ingredientes para elaborar os nosos bocatas para levar ao cole, excursións, ao parque…
FROITA FRESCA PARA MERENDAR
Xa sabemos que as froitas e verduras non poden faltar nunha dieta equilibrada.
As nenas e nenos de 6º repartiron froita fresca (plátano e mazá) para repoñer forzas a media mañá.
Ene3
PARTIDO DO OBRADOIRO
Alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron o pasado sábado ao partido celebrado en Santiago de Compostela na cancha do Clube de Baloncesto Obradoiro.
O primeiro que viron ao chegar foron os seus debuxos expostos no chan da entrada do pabillón e a verdade é que lucían moito. Logo subiron ás gradas e alí puideron disfrutar do partido, que, por suposto, gañou o equipo de Santiago.
Foi toda unha experiencia!!!