Archivo de la categoría: LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estándar

Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.

Este 17 de maio estivo adicado a María Victoria Moreno.

maria victoria moreno

María Victoria Moreno foi unha escritora  moi ligada á nosa zona, pois exerceu como mestra no instituto de Vilalonga.

Os nenos e nenas do Cruceiro ademais de investigar e ler obras da homenaxeada, realizaron algúns traballiños que expuxeron nun mural.

mural

Por outra banda, durante todo este trimestre, o equipo de biblioteca, coa axuda do voluntariado preparou un recanto adicado ao teatro, coa intenció de que o alumnado tivese recursos para poder preparar unha obra e represetala nesta Semana das Letras Galegas.

teatro biblio

Voluntaria decorando o espazo adicado ao teatro e alumnado de primeiro ensaiado a súa obra na biblioteca.

Durante toda a semana represetáronse as seguintes obras de teatro:

  • “Somos felices piratas” (1ºA) e “Sopa verde” (1ºB)

piratassopa verde

  • “Os tres porquiños” (2º A) e “A que sabe a lúa” (2ºB)

2º

  • “A árbore que non tiña follas” (3º)

a arbore que non tiña follas

  • “Todo é un conto” (4º)

todo e un conto

  • “Mamasiña que medo” (5º)

mamasita que medo

  • “Restaurante Farruco” (6º)

restaurate farruco

Anuncios

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOPOEMAS

Estándar

Desde a biblioteca convocamos un concurso de foto-poesía no que poderá participar todo o alumnado do centro.

As bases do concurso son as seguintes:

– As/os concursantes deberán presentar unha fotografía acompañada por unha poesía de non máis de cinco versos.

– As obras serán inéditas.

– O prazo de presetnación será ata o 18 de maio. Podedes pegar as vosas obras na cortiza que hai no corredor diante da porta da biblioteca.

– A foto-poesía escollida será enviada a todas as casas e publicada no blog do centro.

Aquí tendes un exemplo de Helena Villar Janeiro. Podedes ver máis no seu twiter:

@villarjaneiro

 

HELENA VILLAR

Cabos e sombras

entreteñen o tempo
atando o mar.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

 

logo biblioEDDLG principalsinatura nova

Paseo polas Letras Galegas da man de Novoneyra

Estándar

Para conmemorar o día das Letras Galegas os alumnos de 6º  preparamos diversas actividades.
Elaboramos xogos de pistas sobre Uxío Novoneyra para o alumnado de quinto de primaria e un powerpoint para ilustrar a semblanza do autor presentada polos alumnos de segundo.
O powerpoint trataba sobre o poema que fixeron os alumnos de segundo.
As fotos ían acorde ó poema, ademais incluíanse pequenos textos da vida de Uxío Novoneyra como por exemplo as súas influencias e os seus amores.
O máis significativo para el sería a páxina que fixemos sobre o seu amor polo Courel.
Os xogos para quinto consistían en buscar,responder ou unir preguntas e respostas sobre Uxío Novoneyra e un xogo parecido á oca sobre o autor e as Letras Galegas.

Aquí vos deixamos un vídeo que recolle algunhas destas actividades.

Miguel Ángel Álvarez e Daniel Gómez

sinatura.bmp

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estándar

u16882931-copia.gif

MÉRCORES, 19 DE MAIO

XIMNASIO

   – 12.10. “AS PARTES DO CORPO” (3 anos)

   – 12.20. “O ARCO DA VELLA” (4 anos)

   – 12.30. “O GALO QUIRICO” (5 anos)

PATIO

   – 13.00. “PASEO POLAS LETRAS GALEGAS DA MAN DE NOVONEYRA” (6º)

 

XOVES, 20 DE MAIO

PATIO

   – 9.40. “AS LETRAS GALEGAS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO” (5º)

XIMNASIO

   – 11.00. BIOGRAFÍA RIMADA DO AUTOR (2º) ILUSTRADA CUN POWERPOINT (6º)

     – 11.20. PUBLICIDADE DA FROITA (3º)

     – 12.00. “O ENTROIDO DOS ANIMAIS”. TÍTERES HUMANOS (4º)

 

VENRES, 21 DE MAIO

BIBLIOTECA

      – 10.30. RECITADO DE POEMAS DO AUTOR (1º)

ninos-leyendo.gif
sinatura.bmp