Archivo de la categoría: GAUDÍ

ANIVERSARIO DE INZILBETH E DÍA DO LIBRO

Estándar

Este ano o aniversario de Inzilbeth, que xa cumpre 5 anos, e o Día do Libro, coincidirán cando esteamos de vacacións, polo que adiantamos as dúas celebracións ao venres.

Foi un día moi bonito e moi divertido para todos.

 

dia-do-libro.jpg

 

sinatura.bmp

 

OS NENOS DE 5 ANOS TAMÉN SAIMOS POR VILALONGA

Estándar

Os maiores de infantil tamén sairon por Vilalonga a buscar as pezas para facer o plano da Sagrada Familia de Gaudi. Descubriron todas as pistas e atoparon as pezas agochadas. Foi moi divertido!

Despois de tanta investigación, xogaron no parque para recuperar forzas e voltar de novo ó cole.

GRANDES INVESTIGADORES DE 3 ANOS

Estándar

Os nenos e nenas de 3 anos por un día convertéronse nuns investigadores moi eficaces. Tiveron que atopar os planos que faltaban para colaborar na construción da maqueta da Sagrada Familia.
Fixeron unha saída para observar distintos edificios de Vilalonga e comparalos cos de Gaudí.
Agochados nestes edificios atopábanse as pezas do plano.
Queredes ver o ben que o pasamos?