Archivo de la categoría: EXCURSIÓN FIN DE CURSO

De excursión!

Estándar

O día 30 de xuño quedou o cole case baleiro.

As nenas e nenos de infantil foron de excursión a Vigo a visitar o Museo do Mar, xantaron na praia de Samil e foron ver a estatua de Julio Verne, personaxe que estiveron investigando ao longo do curso.

1

Os nenos e nenas do primeiro ciclo visitaron o castelo de Sobroso e  Mondariz.

castelovillasobroso

Os do segundo ciclo viaxaron ata a Casa Grande de Xanceda e logo visitaron o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia)

2ciclo.jpg

 

Preme nas imaxes para ver os vídeos

sinatura nova

Excursión Primeiro Ciclo

Estándar

O alumnado de primeiro ciclo realizou unha saída o Luns 23 de Maio.

Pola mañá disfrutaron da visita a Granxa Escola Serantellos onde tiveron a oportunidade de observar diversos mamíferos, aves, elaborar pan e merendar o aire libre.

Despois comida en Cambados no Monte da Pastora e pola tarde Rota dos Muíños onde observaron diversos muíños e disfrutaron da paisaxe.

Foi unha xornada estupenda, se queredes ver as fotos clicade nas ovellas.

ovellas
sinatura.bmp

Día de encontros en Madrid

Estándar

Onte pola mañá fomos o parque do Retiro e quedamos cós nen@s que coñecemos en Navarra!!!!! Estivemos con eles toda a maná, á hora de comer comemos todos xuntos no  Retiro, despois, estivemos outro pouco con eles, ata as dúas e media que tiveron que marchar.

Póla tarde fomos ao Museo do Prado e vimos un montón de cadros. Cando acabou a nosa visita fomos ao albergue a descansar. Sobre as oito fomos ao cine e vimos Alicia no país das Maravillas en 3D. Pasámolo xenial!!!!!!

Antía

Aqui podedes ver algunhas das fotos.

sinatura.bmp

Excursión Madrid Primeiro día

Estándar

Como xa sabedes esta semana o alumnado de sexto estamos por terras madrileñas.
O luns saímos da estación de tren de Pontevedra as 9:30 rumbo Madrid. Chegamos  as 9:00. Almorzamos na estación de tren. Despois collemos o metro para chegar ó albergue. A continuación fomos en bus ata o centro comercial Xanadu onde comemos. Xogamos coa neve ata as 4:30 e fixemos as primeiras compras.As sete visitamos o Senado no cal se estaba a celebrar un pleno.

Durante o paseo nocturno paramos a cear nunha pizzería. pizeroMmmm! Que rico!!! Para rematar chegamos ao albergue e… ata mañá!
Un saúdo a todos e desculpade a brevidade pero é un pouco tarde.

Iván e Jordi.

Por problemas técnicos aínda non podemos subir fotos da viaxe pero estade atentos porque esperamos solucionalo cá maior brevidade.

VILALONGA

 

 

via tren

MADRID