Archivo de la categoría: EDLG
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.
Este 17 de maio estivo adicado a María Victoria Moreno.
María Victoria Moreno foi unha escritora moi ligada á nosa zona, pois exerceu como mestra no instituto de Vilalonga.
Os nenos e nenas do Cruceiro ademais de investigar e ler obras da homenaxeada, realizaron algúns traballiños que expuxeron nun mural.
Por outra banda, durante todo este trimestre, o equipo de biblioteca, coa axuda do voluntariado preparou un recanto adicado ao teatro, coa intenció de que o alumnado tivese recursos para poder preparar unha obra e represetala nesta Semana das Letras Galegas.

Voluntaria decorando o espazo adicado ao teatro e alumnado de primeiro ensaiado a súa obra na biblioteca.
Durante toda a semana represetáronse as seguintes obras de teatro:
- «Somos felices piratas» (1ºA) e «Sopa verde» (1ºB)
- «Os tres porquiños» (2º A) e «A que sabe a lúa» (2ºB)
- «A árbore que non tiña follas» (3º)
- «Todo é un conto» (4º)
- «Mamasiña que medo» (5º)
- «Restaurante Farruco» (6º)
OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS
No ano 2000 decidiuse declarar o día 12 de Maio como o «Día Escolar das Matemáticas», por iso a semana pasada celebramos no colexio as primeiras «Olimpíadas Matemáticas» con gran exito de participación.
O alumnado que quería participar fixo unha inscrición e quedou encadrado nunha das tres categorías existentes:
– Primeira categoría: 3 anos, 4 anos, 5 anos e primeiro.
– Segunda categoría: segundo e terceiro.
– Terceira categoría: cuarto, quinto e sexto.
Os participantes tiveron que enfrentarse a diferentes retos que superaron con gran destreza. Había grandes expectativas sobre como serían as probas e descubriron que as matemáticas poden ser moi divertidas, xa que todos gozaron con esta experiencia.
Os nenos e nenas que pasaron á gran final, non só demostraron as súas habilidades lóxico-matemáticas senón que tamén souberon traballar en equipo.
Os gañadores/as das diferentes categorías foron:
PRIMEIRA CATEGORÍA
Alejandra (3 anos), Sofía Rodríguez (4 anos), Lucía Varela (5 anos), Marta (5 anos), Xavi (5 anos), Ainhoa (1º), Iván (1º) e Unai (1º).
SEGUNDA CATEGORÍA
Sergio (2º), Melania (2º), Diego (3º), Xeyla (3º), Luis (3º) e Lucía (3º).
TERCEIRA CATEGORÍA
Yago (4º), Dani (4º), Pedro (5º), Carmelo (5º) e Laura (6º).
Estes tres equipos chegaron á gran final onde tiñan que resolver unhas operacións nas que había números agochados no menor tempo posible.
Conseguírono os nenos e nenas da I Categoría e levaron como agasallo un xogo de inxenio.
Que o disfrutedes e a seguir divertíndovos coas matemáticas!
NORABOA!
Se queredes ver as fotos non deixedes de ver o vídeo premendo na imaxe superior.
Vilalonga
Os nenos e nenas de 2º estiveron investigando sobre Vilalonga.
Se queredes saber o que descubriron invitámosvos a ver o seguinte enlace ou ben a pasar pola biblioteca, onde tendes o libro que elaboraron.
Neste trimestre, o alumnado de infantil seguro que ollaremos este libro máis dunha vez, pois tamén estamos investigando Vilalonga ( os nomes dos seus lugares, parques e espazos verdes, servicios como o centro médico ou a biblioteca, etc.)
Hoxe veunos a visitar a tía de Rodrigo (5 anos A), que é historiadora e contounos algunhas cousas do pasado da nosa vila, ensinounos fotos, documentos…
Aprendemos un montón!
Por exemplo, descubrimos que o cruceiro que temos no cole, antes estaba situado nunha rotonda, que no sitio onde hoxe está o parque de Vilalonga antes era o mercado de gando, que no pasado case non había coches pola estrada e por iso nas fotos que vimos non había semáforos nin paso de peóns… Canto cambiou Vilalonga!
Seguiremos investigando e xa vos iremos contando.
PROFES, QUE BAILE O TROMPO!
Este ano, os nenos e nenas de cuarto, ademais de encargarse do concurso de trompos do alumnado, tamén se animaron a organizar o do profesorado.
Despois dunhas xornadas de adestramento dirixidas polos nenos e nenas que xa son profesionais, hoxe celebrouse a gran final.
Os premiados e premiadas foron:
Malabarismos:
3º premio: Ricardo
2º premio: Raquel
1º premio: Ramón
Escachar:
3º premio: Cuis
2º premio: Raquel
1º premio: Irene
PARABÉNS A TODOS E TODAS!!
PRESENTADORES E PRESENTADORAS
Hoxe rematou o casting para elexir os nenos e nenas que van presentar o Festival de Nadal.
O xurado quere agradecer e felicitar a tódolos participantes.
Aínda que todos/todas o fixeron moi ben, velaquí tendes os/as finalistas:
Alumno/a |
Curso |
Sara A. e Alexandra |
6º |
Nuria e Manuela | 5ºB |
Izan e Ainara | 5ºA |
Alba | 3ºA |
Yasmin | 3ºA |
Sheila e Sabela | 4ºA |
Manuel | 3ºB |
Mateo e Izan | 2ºA |
Sara | 2ºB |
Sabela | 2ºB |
Álvaro | 1ºB |
Marta e David | 5 anos B |
Lía e Damián | 5 anos A |
Jacobo e Brais | 4 anos |
NORABOA!
CASTING
SAMAÍN
Un ano máis o alumnado de educación infantil xuntouse para celebrar o Samaín.
O día 31 viñeron disfrazados de criaturas que metían medo: lobos, meigas, momias… e todos xuntos e xuntas fomos ao ximnasio a cantar e bailar cancións como a de Samaín de Jesus Pareja, Corre, corre cabaciña , a Canción dos Esqueletes, ou a Danza Macabra de Saint Saëns.
Nesa semana tamén se levaron a cabo diferentes obradoiros:
-
Obradoiro de manualidades. Nenos/as de 3, 4 e 5 anos mesturáronse nunha mesma clase para compartir este momento e crear xuntos. Deixaron voar a súa imaxinación e elaboraron monstros con formas xeométricas para pegar nas ventás.
-
Obradoiro de cociña. As familias visitaron as aulas para elaborar receitas terroríficas como arañas ou magdalenas con sangue de morcego. Aínda que daban algo de noxo á vista, ao gusto estaban boísimas.
-
Obradoiro de decoración de cabazas. Contamos de novo coa colaboración das familias que, con gran creatividade, axudaron aos máis pequenos/as a crear uns calacús arrepiantes.
Preme na seguinte imaxe para ver un vídeo-resumo da nosa celebración.
Mentres en Galicia celebramos o Samáin, no resto do mundo celebran HALLOWEEN.
TUESDAY, 31ST October
Halloween in our school
We love halloween!!
It´s halloween
Trick or treat???
MAGOSTO
Cheira a castañas, non vos parece?
Os nenos e nenas de terceiro xa fixeron os carteis anunciando o Magosto e teñen o programa do día elaborado.
Entregáronlle tamén a Carmen (a conserxe) o listado da compra.
Só falta que chegue o día!
Ide preparando os trompos e practicando moito, pois ese día será a Gran Final.
Os nenos e nenas de 4º xa nos pasaron a listaxe dos finalistas. Podedes velas aquí: FINALISTAS CONCURSO DE TROMPOS
Os participantes de educación infantil son: INFANTIL
A escachar!
Seguen bailando os trompos no patio do Cruceiro.
Que ben o pasamos!
Concurso de Trompos
Hoxe comezou o concurso de Trompos coa 1º categoría de «Escachar».
As nenas e nenos de cuarto, encargados de organizar o concurso, supervisaron que todo fora ben.
Que bailen os trompos!
Concurso de Trompos 2017
As nenas e nenos de cuarto están organizando o Concurso de Trompos de este ano.
Xa están colgados por todo o cole os carteis anunciando o concurso e animando a todos e todas a participar.
Ide practicando!
Cantigas tradicionais galegas
E chegou o derradeiro venres da interpretación de cantigas tradicionais galegas. Pecharon os alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto.
Con esta actividade ademais de pasalo moi ben, aprendemos cancións da nosa cultura que non coñecíamos e recordamos outras que nos soaban un pouquiño de escoitarllas cantar a familiares ou amigos/as.
No vindeiro curso gustaríanos continuar con esta actividade para non esquecernos da riqueza da nosa cultura e gozar coa música tradicional galega.
Deixamos os vídeos das actuacións de hoxe. Esperamos que vos gusten.
CATRO VELLOS MARIÑEIROS
O PIRIMPIMPÍN
POUSA, POUSA
Visita da Escola Infantil do Revel
Onte recibimos unha visita moi especial. As nenas e nenos da Escola Infantil do Revel viñeron a coñecer o que será a súa nova escola a partires do vindeiro curso.
Visitaron as aulas, xogaron e foron á biblioteca, onde os nenos/as e a profe de tres anos lles contaron un conto.
Recibiron emocionados uns agasallos: globos e uns contos en galego para levar para a escola infantil.
Despois de repoñer forzas bebendo e comendo unhas galletiñas no patio , volveron ao que de momento sigue sendo o seu cole.
Esperamos que vos gustase a visita e vémonos en setembro!
Visita ao Centro de día de Sanxenxo
O pasado venres 9 de xuño as nenas e nenos de educación infantil fomos de visita ao Centro de Día de Sanxenxo.
Alí, cantamos todos xuntos as cantigas tradicionais galegas que representamos o pasado venres no cole: «Ven bailar Carmiña», «A saia da Carolina» e «Na beira do mar» .
Os usuarios do Centro de Día tamén nos sorprenderon cantando «Amodiño», unha versión en galego da famosa canción de Luis Fonsi, «Despacito».
Foi unha xornda moi especial e emotiva, no que algúns alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de pasar un anaco cos avos/avoas/bisavós/bisavoas e cos seus compañeiros/as da «escola de maiores» como lle chaman eles.
Gustounos tanto a experiencia, que estamos decididos/as a volver no vindeiro curso.
Ata pronto!
Cantigas tradicionais galegas
O pasado venres 9 de xuño tocoulle ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro entonar algunha das cantigas tradicionais máis coñecidas para gozar, xunto cos compañeiros/as da escola e familias, da música tradicional galega.
Premede nas imaxes para ver os vídeos.
A RIANXEIRA
O GALO CANTA
EU QUERIAME CASARE
Cantigas tradicionais galegas
O venres 2 de xuño comezamos unha actividade que se repetirá cada venres deste mes e que consiste en cantar no patio do colexio cantigas tradicionais galegas aos nosos compañeiros/as e ás familias que queiran acompañarnos.
Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas de educación infantil coas cantigas: Ven bailar Carmiña (3 anos), A saia da Carolina (4 anos) e Na beira do mar (5 anos).
O vindeiro venres irán a cantarlle estas cancións aos usuarios do Centro de Día de Portonovo, quen nos facilitaron os títulos e letras das cancións tradicionais galegas que máis lles gustaban.
Premede nas imaxes para ver os vídeos. Esperamos que vos gusten e que cantedes con nós.
As nenas e nenos do primeiro ciclo cantarán o próximo venres 9 de xuño.
Estades todos/as convidados/as!
Días das Letras Galegas
O día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego e pola súa defensa da lingua.
A data da celebración, o 17 de maio, débese a que en tal día coma ése, en 1863 publicouse Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O pasado venres 19 de maio celebrámolo no cole.
Cada curso preparou algo relacionado con algunha das obras de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano.
As nenas e nenos de 5 anos inventaron o «Poema a unha galiña diferente» que ilustraron con teatro de sombras. Os de primeiro ensináronnos un vídeo lendo «A galiña azul» e os de 3º representaron con títeres «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas».
O alumnado de 4º de primaria representou a obra de teatro
«A galiña azul».
Os nenos e nenas de 6º crearon unha animación de «Lolo anda en bicicleta»
Tampouco faltou a música: as nenas e nenos de 3 anos cantaron a canción «Unha vella tiña un can», os/as de 4 «Dime que fixeches», o alumnado de 3º bailou a canción «A laranxa e o limón», os de 5º interpretaron un cantar de cego a partir da obra «Toribio e o contador de contos».
Por último, os/as frautistas de 6º interpretaron o Himno Galego, pechando así a conmemoración deste día.
Lectura en familia
Cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado foi Carlos Casares.
Ao longo da Semana das Letras, antes da celebración na escola deste día tan importante, as nenas e nenos que quixeron, leron obras deste autor xunto coas súas familias para todos nós.
Agradecemos a gran participación e aquí vos deixamos os vídeos para que gocedes coas historias de Carlos Casares.
Carmen Tilve Trelles (4 anos B)
Daniel A. Pérez Gutiérrez (4 anos B)
Alex Otero Camiña (4 anos B)
Carla Pietrafesa Feijoo (4 anos B)
Xavi Vázquez Lores (4 anos B)
Martina Conde Piñeiro (5 anos A)
David González Barreiro (5 anos A)
Unai Brito Trelles (5 anos A)
Raúl Afonso Abalo (5 anos A)
Sara Bolabo Gómez (5 anos B)
Lucía Lores Méndez (2º A)
Alba Domínguez Soutullo (2º A)
Carlos Mëndez Rey (2º A)
Laura Soto Lores (2º B)
Carmelo García Castro (4º B)
Iago Balboa Fandiño (4º B)