Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, o noso patio encheuse de amigos e amigas que compartiron un feixe de lecturas.
A semana pasada os padriños e madriñas lectores/as foron entrevistar aos máis pequenos/a para descubrir os seus intereses e gustos e así poder elixir o libro máis axeitado.
Despois duns días para preparar a lectura escollida , hoxe, puideron compartila no lugar do patio que preferiron.
Nalgunhas aulas, ademais da lectura compartida, tamén celebraron o día de hoxe intercambiando os seus libros preferidos.
Por se alguén de vós non lembra o motivo polo que o Día do Libro se celebra o 23 de abril, aquí están os debuxos dos nenos e nenas de 5 anos B que descubriron hoxe a que se debe a escolla desta data: elixiuse por coincidir co día do falecemento de Miguel de Cervantes.
O día 23 de abril foi elexido como “Día Internacional do Libro”, pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes e Willian Shakespear, na mesma data do ano 1616.
Coma cada ano, hoxe celebrámolo no noso colexio homenaxeando a Inzilbeth, a mascota da biblioteca, que cumpre 11 anos xa!
Parabéns Inzilbeth!
Chegou ao correo das aulas unha mensaxe de Inzilbeth, na que nos convidaba ao seu aniversario e na que nos pedía o seguinte: un agasallo para unha amiga súa chamada Ana, que tivo que marchar de Galicia e a que lle encanta o libro “A GALIÑA AZUL” de Carlos Casares.
As nenas e nenos de tódolos cursos puxéronse a traballar e argallaron uns agasallos do máis orixinal, partindo deste libro.
Se premedes na seguinte imaxe podedes ver un vídeo coas imaxes da xornada.