Ao longo do mes de xaneiro, e principalmente na última semana, na que se celebra o Día Escolar da Paz e non Violencia, os nenos e nenas do Cruceiro estivemos lendo, investigando, comentando, pensando, reflexionando, debatendo…
Así, por exemplo, en 3 anos leron imaxes e diferenciaron entre aquelas nas que había paz e alegría e nas que non. En 4 anos investagaron sobre os xoguetes que tiñan os nenos e nenas que desafortunadamente viven en lugares onde hai guerras e conflictos. E en 5 anos, a partir do libro «Imagine» falaron do que significaba a paz para eles, e aportaron ideas de como contribuír a un ambiente de paz no noso cole e no mundo.
No primeiro ciclo, traballaron a partir dunha noticia sobre transplantes de órganos (pinchade na imaxe para velo), debuxaron o que eles imaxinaban que era a paz a partir do libro «Imagine», analizaron un anaco do conto «Los tres Bandidos» e sacaron conclusións. 
En 2º a partir de outro libro da biblioteca, afondaron nos sentimentos e emocións.
No segundo ciclo analizaron a letra da canción de John Lennon, ilustraron con debuxos moi orixinais o que significa a paz para eles, e ata elixiron a Álvaro como premio Nóbel da Paz pola súa amabilidade e porque «nunca se mete en líos».
No terceiro ciclo traballaron en equipo e elaboraron entre 5º e 6º unha gran bola do mundo con mensaxes de paz e propostas para unha sociedade mellor.
O día 31 baixamos ao ximnasio a cantar todos xuntos a canción «Imagine».
Nos seguintes enlaces podedes ver as fotos e vídeos.