Archivo de la categoría: CHARLES DARWIN

Un Atallo Evolutivo ?

Estándar

200 Anos do nacemento de Charles Darwin, 150 do aniversario da súa obra máis importante “A orixe das especies” e seguimos a voltas coa Evolución.

No noso centro, como xa sabedes, para conmemorar esta data levamos a cabo un proxecto intertidisciplinar,pero non somos os únicos que estamos a falar deste tema.

Hoxe despertamos cunha noticia  publicada en  “La Voz de la Escuela” na que se di que o 98´5% do material xenético humano inclúe ata un 9% de ADN de orixe vírico.

  • Por que o noso xenoma conten tanto ADN de virus?
  • É beneficioso ou prexudicial para a especie?
  • Trátase dun atallo evolutivo?

Para dar resposta a estas e outra cuestións consultade o artigo.

Clicade no xornal para ver o artigo.


periodico

sinatura.bmp