Archivo de la categoría: BIBLIOTECA

IMAGINE

Estándar

O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non violencia.

No Cruceiro decidimos conmemorar este día lembrando a canción de John Lennon Imagine.  Unha canción icónica na que se fai un chamamento á paz no mundo.

Se premedes na imaxe podedes ver que os nenos e nenas de 5º xa a saben enteiriña e foron a cantarlla aos compañeiros e compañeiras de 4º.

imagine-de-john-lennon-album-ilustrado

Lembrade que na biblioteca podedes disfrutar do libro.

Invitámosvos a que analicedes tanto o texto como as imaxes, pois dan pé  a reflexionar sobre a paz, a bondade, as guerras,  o sufrimento… facéndonos preguntas como:

  • que significado ten para vos a palabra PAZ?

  • no noso colexio hai paz?

  • que cousas podemos facer no noso cole para que haxa paz?

  • existen guerras na actualidade? onde?

  • existen motivos para as guerras?

  • como poderían solucionarse sen violencia?

  • pensades que a mensaxe de John Lennon aínda sigue sendo necesaria na actualidade? a que se refiere por exemplo nesta frase:Imagine_Int_ENG-ES-16-17

logo biblio

 

 

BIBLIOTECA: ESPAZO DE PENSAMENTO

Estándar

Hoxe os voluntarios e voluntarias da biblioteca pasaron polas aulas a explicarlle aos compañeiros e compañeiras as actividades que se van levar a cabo neste trimestre.  Pinchade no seguinte enlace e descubrirédelo.

lugar pensamento

O CRUCEIRO OPINA

Estándar

As nenas e nenos do Cruceiro temos moito que dicir.

Están pasando moitas cousas ao noso arredor que nos preocupan e sobre as que queremos falar, debatir, dar a nosa opinión, escoitar a dos demais,sacar conclusións…

Por iso, durante este trimestre imos converter a nosa Biblioteca nun ESPAZO DE PENSAMENTO que nos permita reflexionar e facer crítica sobre os principais temas que nos preocupan na actualidade: a violencia, a desigualdade, a discriminación da muller, o consumismo, etc.

O debate arredor destes asuntos segue a ser moi necesario. De seguro, as conclusións da rapazada que comeza a crear a súa propia opinión, serán de grande interese.

 

logo bibliosinatura nova

PRESENTADORES E PRESENTADORAS

Estándar

Hoxe rematou o casting para elexir os nenos e nenas que van presentar o Festival de Nadal.

casting2

 

O xurado quere agradecer e felicitar a tódolos participantes.

Aínda que todos/todas o fixeron moi ben, velaquí tendes os/as finalistas:

Alumno/a

Curso

Sara A. e Alexandra

Nuria e Manuela 5ºB
Izan e Ainara 5ºA
Alba   3ºA
Yasmin 3ºA
Sheila e Sabela 4ºA
Manuel 3ºB
Mateo e Izan 2ºA
Sara 2ºB
Sabela 2ºB
Álvaro 1ºB
Marta e David 5 anos B
Lía e Damián 5 anos A
Jacobo e Brais 4 anos

NORABOA!

 

 

CASTING

Estándar

Hoxe dou comezo o casting para elexir os presentadores e presentadoras do festival de Nadal.

Os nenos e nenas de sexto están organizando todo.

Entrade no blog da biblioteca para saber máis sobre esta e outras tarefas que están levando a cabo os nenos e nenas do cole.

cartel

EDDLG principal   logo biblio     sinatura nova

I Asemblea de Delegados/Delegadas/ Subdelegados/Subdelegadas

Estándar

Onte celebrouse na biblioteca do cole a I Asemblea de Delegados/Delegadas/Subdelegados/Subdelegadas.

Os representantes das diferentes clases foron expoñendo as súas propostas.

3

A verdade é que tomaron moi en serio a responsabilidade que lles outorgou Inzilbeth de xestionar a biblioteca, pois sairon multitude de ideas brillantes. Se pinchades no seguinte enlace podedes ler algunhas delas.

PROPOSTAS

Despois de escoitar a todos e todas, fomos organizando a información e repartindo as tarefas que se propuxeron entre os diferentes cursos, quedando desta maneira:

  • Infantil: encargarase da decoración da biblioteca.

  • Primeiro: redactará as normas.

  • Segundo: representarán un conto na biblioteca para darlle a benvida aos nenos e nenas de tres anos.

  • Terceiro: explicarán aos compañeiros/as como podemos facer para ter unha biblioteca sostible, respetuosa co medio ambiente, e elaborarán as papeleiras para reciclar.

  • Quinto: organizarán as ideas que foron saíndo na asemblea relacionadas coas actividades que se levarán a cabo na biblioteca na hora dos recreos e polas tardes. Logo explicaránllas ao resto de compañeiros/as do colexio.

Na Asemblea, ademais da xestión, organización e funcionamento da biblioteca, falamos de outras actividades que se celebran no cole e que tamén poden ser organizadas polo alumnado.

Así, os nenos e nenas de cuarto xa están organizando o Concurso de Trompos, os de terceiro están dispostos a axudar a preparar a festa do Magosto ( elaborarán carteis anunciando a festa, o programa do día, etc) e os de sexto atrévense coa organización do Festival de Nadal (casting de presentadores e presentadoras, elaboración de horario de ensaios, decorado…)

Por suposto, as mestras e mestres tamén teñen as súas tarefas.

  • Apadriña unha estantería. Organizarán as estanterías da biblioteca para que cada clase apadriñe unha e a manteña ordenada durante todo o curso.

  • Organizar aos Voluntarios/Voluntarias de biblioteca durante os recreos.

  • Formación de usuarios da biblioteca e do programa Meiga.

  • Posta en marcha do Club de Lectura.

Quedan aínda moitas tarefas que levar a cabo ao longo do curso, pero iremos amodiño para facelo o mellor posible. Inzilbeth seguro que estaría ben orgullosa de nós.

logo biblio

sinatura nova

BIBLIOTECA ABERTA

Estándar

Por fin abriu a biblioteca! Certamente, nótase a marcha de Inzilbeth…deixouna moi triste…

Na súa carta de despedida ofreceu a biblioteca ao alumnado para a súa xestión, organización e deseño, co fin de facer dela un espazo que sintan seu, que lles serve, que necesitan e queren usar. Un espazo imprescindible para o desenvolvemento dos proxectos e tarefas, e un lugar imprescindible para a difusión destes traballos.

21

Algúns/as xa tiveron a súa primeira sesión e quedaron cavilando nesa pregunta que apareceu nas ventás:

POR QUE É IMPORTANTE A BIBLIOTECA DO COLE?

logo biblio

sinatura nova