Archivo de la categoría: BIBLIOTECA
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.
Este 17 de maio estivo adicado a María Victoria Moreno.
María Victoria Moreno foi unha escritora moi ligada á nosa zona, pois exerceu como mestra no instituto de Vilalonga.
Os nenos e nenas do Cruceiro ademais de investigar e ler obras da homenaxeada, realizaron algúns traballiños que expuxeron nun mural.
Por outra banda, durante todo este trimestre, o equipo de biblioteca, coa axuda do voluntariado preparou un recanto adicado ao teatro, coa intenció de que o alumnado tivese recursos para poder preparar unha obra e represetala nesta Semana das Letras Galegas.

Voluntaria decorando o espazo adicado ao teatro e alumnado de primeiro ensaiado a súa obra na biblioteca.
Durante toda a semana represetáronse as seguintes obras de teatro:
- «Somos felices piratas» (1ºA) e «Sopa verde» (1ºB)
- «Os tres porquiños» (2º A) e «A que sabe a lúa» (2ºB)
- «A árbore que non tiña follas» (3º)
- «Todo é un conto» (4º)
- «Mamasiña que medo» (5º)
- «Restaurante Farruco» (6º)
OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS
No ano 2000 decidiuse declarar o día 12 de Maio como o «Día Escolar das Matemáticas», por iso a semana pasada celebramos no colexio as primeiras «Olimpíadas Matemáticas» con gran exito de participación.
O alumnado que quería participar fixo unha inscrición e quedou encadrado nunha das tres categorías existentes:
– Primeira categoría: 3 anos, 4 anos, 5 anos e primeiro.
– Segunda categoría: segundo e terceiro.
– Terceira categoría: cuarto, quinto e sexto.
Os participantes tiveron que enfrentarse a diferentes retos que superaron con gran destreza. Había grandes expectativas sobre como serían as probas e descubriron que as matemáticas poden ser moi divertidas, xa que todos gozaron con esta experiencia.
Os nenos e nenas que pasaron á gran final, non só demostraron as súas habilidades lóxico-matemáticas senón que tamén souberon traballar en equipo.
Os gañadores/as das diferentes categorías foron:
PRIMEIRA CATEGORÍA
Alejandra (3 anos), Sofía Rodríguez (4 anos), Lucía Varela (5 anos), Marta (5 anos), Xavi (5 anos), Ainhoa (1º), Iván (1º) e Unai (1º).
SEGUNDA CATEGORÍA
Sergio (2º), Melania (2º), Diego (3º), Xeyla (3º), Luis (3º) e Lucía (3º).
TERCEIRA CATEGORÍA
Yago (4º), Dani (4º), Pedro (5º), Carmelo (5º) e Laura (6º).
Estes tres equipos chegaron á gran final onde tiñan que resolver unhas operacións nas que había números agochados no menor tempo posible.
Conseguírono os nenos e nenas da I Categoría e levaron como agasallo un xogo de inxenio.
Que o disfrutedes e a seguir divertíndovos coas matemáticas!
NORABOA!
Se queredes ver as fotos non deixedes de ver o vídeo premendo na imaxe superior.
CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOPOEMAS
Desde a biblioteca convocamos un concurso de foto-poesía no que poderá participar todo o alumnado do centro.
As bases do concurso son as seguintes:
– As/os concursantes deberán presentar unha fotografía acompañada por unha poesía de non máis de cinco versos.
– As obras serán inéditas.
– O prazo de presetnación será ata o 18 de maio. Podedes pegar as vosas obras na cortiza que hai no corredor diante da porta da biblioteca.
– A foto-poesía escollida será enviada a todas as casas e publicada no blog do centro.
Aquí tendes un exemplo de Helena Villar Janeiro. Podedes ver máis no seu twiter:
@villarjaneiro
Cabos e sombras
entreteñen o tempo
atando o mar.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
AMIZADES LECTORAS NO DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, o noso patio encheuse de amigos e amigas que compartiron un feixe de lecturas.
A semana pasada os padriños e madriñas lectores/as foron entrevistar aos máis pequenos/a para descubrir os seus intereses e gustos e así poder elixir o libro máis axeitado.
Despois duns días para preparar a lectura escollida , hoxe, puideron compartila no lugar do patio que preferiron.
Nalgunhas aulas, ademais da lectura compartida, tamén celebraron o día de hoxe intercambiando os seus libros preferidos.
Por se alguén de vós non lembra o motivo polo que o Día do Libro se celebra o 23 de abril, aquí están os debuxos dos nenos e nenas de 5 anos B que descubriron hoxe a que se debe a escolla desta data: elixiuse por coincidir co día do falecemento de Miguel de Cervantes.
FELIZ DÍA DO LIBRO E BOAS LECTURAS!
PAZ
Ao longo do mes de xaneiro, e principalmente na última semana, na que se celebra o Día Escolar da Paz e non Violencia, os nenos e nenas do Cruceiro estivemos lendo, investigando, comentando, pensando, reflexionando, debatendo…
Así, por exemplo, en 3 anos leron imaxes e diferenciaron entre aquelas nas que había paz e alegría e nas que non. En 4 anos investagaron sobre os xoguetes que tiñan os nenos e nenas que desafortunadamente viven en lugares onde hai guerras e conflictos. E en 5 anos, a partir do libro «Imagine» falaron do que significaba a paz para eles, e aportaron ideas de como contribuír a un ambiente de paz no noso cole e no mundo.
No primeiro ciclo, traballaron a partir dunha noticia sobre transplantes de órganos (pinchade na imaxe para velo), debuxaron o que eles imaxinaban que era a paz a partir do libro «Imagine», analizaron un anaco do conto «Los tres Bandidos» e sacaron conclusións. 
En 2º a partir de outro libro da biblioteca, afondaron nos sentimentos e emocións.
No segundo ciclo analizaron a letra da canción de John Lennon, ilustraron con debuxos moi orixinais o que significa a paz para eles, e ata elixiron a Álvaro como premio Nóbel da Paz pola súa amabilidade e porque «nunca se mete en líos».
No terceiro ciclo traballaron en equipo e elaboraron entre 5º e 6º unha gran bola do mundo con mensaxes de paz e propostas para unha sociedade mellor.
O día 31 baixamos ao ximnasio a cantar todos xuntos a canción «Imagine».
Nos seguintes enlaces podedes ver as fotos e vídeos.
Vilalonga
Os nenos e nenas de 2º estiveron investigando sobre Vilalonga.
Se queredes saber o que descubriron invitámosvos a ver o seguinte enlace ou ben a pasar pola biblioteca, onde tendes o libro que elaboraron.
Neste trimestre, o alumnado de infantil seguro que ollaremos este libro máis dunha vez, pois tamén estamos investigando Vilalonga ( os nomes dos seus lugares, parques e espazos verdes, servicios como o centro médico ou a biblioteca, etc.)
Hoxe veunos a visitar a tía de Rodrigo (5 anos A), que é historiadora e contounos algunhas cousas do pasado da nosa vila, ensinounos fotos, documentos…
Aprendemos un montón!
Por exemplo, descubrimos que o cruceiro que temos no cole, antes estaba situado nunha rotonda, que no sitio onde hoxe está o parque de Vilalonga antes era o mercado de gando, que no pasado case non había coches pola estrada e por iso nas fotos que vimos non había semáforos nin paso de peóns… Canto cambiou Vilalonga!
Seguiremos investigando e xa vos iremos contando.
IMAGINE
O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non violencia.
No Cruceiro decidimos conmemorar este día lembrando a canción de John Lennon Imagine. Unha canción icónica na que se fai un chamamento á paz no mundo.
Se premedes na imaxe podedes ver que os nenos e nenas de 5º xa a saben enteiriña e foron a cantarlla aos compañeiros e compañeiras de 4º.
Lembrade que na biblioteca podedes disfrutar do libro.
Invitámosvos a que analicedes tanto o texto como as imaxes, pois dan pé a reflexionar sobre a paz, a bondade, as guerras, o sufrimento… facéndonos preguntas como:
-
que significado ten para vos a palabra PAZ?
-
no noso colexio hai paz?
-
que cousas podemos facer no noso cole para que haxa paz?
-
existen guerras na actualidade? onde?
-
existen motivos para as guerras?
-
como poderían solucionarse sen violencia?
-
pensades que a mensaxe de John Lennon aínda sigue sendo necesaria na actualidade? a que se refiere por exemplo nesta frase:
BIBLIOTECA: ESPAZO DE PENSAMENTO
O CRUCEIRO OPINA
As nenas e nenos do Cruceiro temos moito que dicir.
Están pasando moitas cousas ao noso arredor que nos preocupan e sobre as que queremos falar, debatir, dar a nosa opinión, escoitar a dos demais,sacar conclusións…
Por iso, durante este trimestre imos converter a nosa Biblioteca nun ESPAZO DE PENSAMENTO que nos permita reflexionar e facer crítica sobre os principais temas que nos preocupan na actualidade: a violencia, a desigualdade, a discriminación da muller, o consumismo, etc.
O debate arredor destes asuntos segue a ser moi necesario. De seguro, as conclusións da rapazada que comeza a crear a súa propia opinión, serán de grande interese.
PRESENTADORES E PRESENTADORAS
Hoxe rematou o casting para elexir os nenos e nenas que van presentar o Festival de Nadal.
O xurado quere agradecer e felicitar a tódolos participantes.
Aínda que todos/todas o fixeron moi ben, velaquí tendes os/as finalistas:
Alumno/a |
Curso |
Sara A. e Alexandra |
6º |
Nuria e Manuela | 5ºB |
Izan e Ainara | 5ºA |
Alba | 3ºA |
Yasmin | 3ºA |
Sheila e Sabela | 4ºA |
Manuel | 3ºB |
Mateo e Izan | 2ºA |
Sara | 2ºB |
Sabela | 2ºB |
Álvaro | 1ºB |
Marta e David | 5 anos B |
Lía e Damián | 5 anos A |
Jacobo e Brais | 4 anos |
NORABOA!
CASTING
I Asemblea de Delegados/Delegadas/ Subdelegados/Subdelegadas
Onte celebrouse na biblioteca do cole a I Asemblea de Delegados/Delegadas/Subdelegados/Subdelegadas.
Os representantes das diferentes clases foron expoñendo as súas propostas.
A verdade é que tomaron moi en serio a responsabilidade que lles outorgou Inzilbeth de xestionar a biblioteca, pois sairon multitude de ideas brillantes. Se pinchades no seguinte enlace podedes ler algunhas delas.
PROPOSTAS
Despois de escoitar a todos e todas, fomos organizando a información e repartindo as tarefas que se propuxeron entre os diferentes cursos, quedando desta maneira:
-
Infantil: encargarase da decoración da biblioteca.
-
Primeiro: redactará as normas.
-
Segundo: representarán un conto na biblioteca para darlle a benvida aos nenos e nenas de tres anos.
-
Terceiro: explicarán aos compañeiros/as como podemos facer para ter unha biblioteca sostible, respetuosa co medio ambiente, e elaborarán as papeleiras para reciclar.
-
Quinto: organizarán as ideas que foron saíndo na asemblea relacionadas coas actividades que se levarán a cabo na biblioteca na hora dos recreos e polas tardes. Logo explicaránllas ao resto de compañeiros/as do colexio.
Na Asemblea, ademais da xestión, organización e funcionamento da biblioteca, falamos de outras actividades que se celebran no cole e que tamén poden ser organizadas polo alumnado.
Así, os nenos e nenas de cuarto xa están organizando o Concurso de Trompos, os de terceiro están dispostos a axudar a preparar a festa do Magosto ( elaborarán carteis anunciando a festa, o programa do día, etc) e os de sexto atrévense coa organización do Festival de Nadal (casting de presentadores e presentadoras, elaboración de horario de ensaios, decorado…)
Por suposto, as mestras e mestres tamén teñen as súas tarefas.
-
Apadriña unha estantería. Organizarán as estanterías da biblioteca para que cada clase apadriñe unha e a manteña ordenada durante todo o curso.
-
Organizar aos Voluntarios/Voluntarias de biblioteca durante os recreos.
-
Formación de usuarios da biblioteca e do programa Meiga.
-
Posta en marcha do Club de Lectura.
Quedan aínda moitas tarefas que levar a cabo ao longo do curso, pero iremos amodiño para facelo o mellor posible. Inzilbeth seguro que estaría ben orgullosa de nós.
BIBLIOTECA ABERTA
Por fin abriu a biblioteca! Certamente, nótase a marcha de Inzilbeth…deixouna moi triste…
Na súa carta de despedida ofreceu a biblioteca ao alumnado para a súa xestión, organización e deseño, co fin de facer dela un espazo que sintan seu, que lles serve, que necesitan e queren usar. Un espazo imprescindible para o desenvolvemento dos proxectos e tarefas, e un lugar imprescindible para a difusión destes traballos.
Algúns/as xa tiveron a súa primeira sesión e quedaron cavilando nesa pregunta que apareceu nas ventás:
POR QUE É IMPORTANTE A BIBLIOTECA DO COLE?
ADEUS INZILBETH!
Esta semana chegou a tódalas aulas do colexio unha carta de despedida. Era de Inzilbeth.
Parece ser que ten unha misión moi importante que cumplir, pois o bosque dos Dragóns e Dragoas corre perigo por causa do cambio climático.
Como xa non pode desempeñar as súas funcións como mascota da nosa biblioteca, coidándoa e xestionándoa como o facía, pide a todos os nenos e nenas que se fagan cargo.
Que responsabilidade! Xa temos traballo para todo o curso.
Antes de poñerse mans á obra, están escribindo cartas e mensaxes de despedida. Xa vos ensinaremos como lles quedaron.
Día do Libro
O día 23 de abril foi elexido como «Día Internacional do Libro», pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes e Willian Shakespear, na mesma data do ano 1616.
Coma cada ano, hoxe celebrámolo no noso colexio homenaxeando a Inzilbeth, a mascota da biblioteca, que cumpre 11 anos xa!
Parabéns Inzilbeth!
Chegou ao correo das aulas unha mensaxe de Inzilbeth, na que nos convidaba ao seu aniversario e na que nos pedía o seguinte: un agasallo para unha amiga súa chamada Ana, que tivo que marchar de Galicia e a que lle encanta o libro «A GALIÑA AZUL» de Carlos Casares.
As nenas e nenos de tódolos cursos puxéronse a traballar e argallaron uns agasallos do máis orixinal, partindo deste libro.
Se premedes na seguinte imaxe podedes ver un vídeo coas imaxes da xornada.
Esperamos que vos guste e…….FELICES LECTURAS!
AVENTÚRATE….ENXEÑOSO CABALEIRO!
HAI UNS DÍAS, AS PORTAS DAS AULAS DO COLEXIO MUDARON, CONVERTÍRONSE EN MUIÑOS…MUIÑOS DE VENTO.
ISTO SI QUE É MUIÑADA!….(ai, non, non é aquí).
ESTES MUIÑOS HAINOS NOUTRAS TERRAS, NUN LUGAR CHAMADO «A MANCHA».
AVENTURÉMONOS CO ENXEÑOSO CABALEIRO A DESCUBRIR, INVESTIGAR, ESCRIBIR, COÑECER…ESTE MARAVILLOSO MUNDO QUE TEMOS AO NOSO ALCANCE!