Archivo del Autor: CEIP CRUCEIRO

ENTROIDO 2023

Estándar

Xa estamos no ENTROIDO, e o que toca agora é, disfrazarse, bailar,…., en definitiva, troulear un pouquiño!!

Certo! O Entroido xa está aquí, e con moitas ganas de celebralo ao grande, tomamos nota dos mandados do noso Meco. Aquí tedes cada un deles:

Unha vez chegado o gran día, os nosos rapaces e rapazas xa están listos para comezar o desfile e a FESTA!!!!

Nos días previos ao desfile, os nosos alumnos fixeron a decoración dos corredores do cole para crear certo ambiente. Aquí tedes unha pequena mostra:

Estándar

14 DE FEBREIRO : SAN VALENTÍN

Como xa é tradición no Cruceiro, o alumnado escribe cartas e as depositan no buzón colocado na entrada do centro. Cartas que, unha vez entregadas aos seus destinatarios, abríronse o mesmo día 14.

Por outra banda, dende o centro anímase tamén a participar na actividade «NAMÓRATE DO GALEGO», na que se escriben cartas adicadas ao noso idioma contando nelas todo aquelo que nos gusta e nos pode namorar del. A idea ao propoñer esta actividade, era non só traballar e indagar no vocabulario da nosa lingua, senón tamén fomentar o uso da mesma para expresar sentimentos de agarimo, amor, empatía, etc.

As mellores cartas foron expostas no panel instalado para iso na entrada do centro

Estándar

SAÍDA CULTURAL

O pasado 14 de Febreiro, os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, fixeron una saída cultural a Pontevedra, para asistir a unha función teatral en inglés, «What monster»?. A continuación podedes ver algunha imaxen desta saída.

Estándar

DÍA DE LA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro celebrouse no centro o Día da Paz e Non Violencia.

Para empezar, os alumnos fixeron distintos adornos e carteis que se puxeron en distintas zonas do cole, aquí tedes unha pequena mostra dos mesmos:

Para comezar a celebración, baixamos á sala de usos múltiples, onde cada grupo procedeu á lectura de distintos poemas a favor da paz e en contra da guerra de Ucraína. A continuación podedes ver algunhas imaxes das distintas actuacións:

E para rematar esta celebración, cantamos a canción «QUE PARE LA GUERRA» de Maná:

DE NOVO NO COLE

Estándar

Novo trimestre, e novos acontecementos e celebracións. Xa estamos de volta e listos para arrancar este novo ano 2023 con moitas ganas de facer cousas novas. Pero que mellor forma de comezar o ano, que seguindo unha alimentación saudable. Mirade que verduras saíron do noso Horto: brocoli, coliflor, repolos…….

Pois xa sabedes!!!!…..Se forte queres estar, verduras debes tomar!!!!

DECEMBRO

Estándar

A continuación mostramos un pequeno resumo do acontecido no mes de Decembro:

Adornos Nadal:

Como tódolos anos, comezamos o mes adornando o cole cos adornos navideños para crear certo ambiente. Aquí tedes unha pequena mostra :

Casting Presentadores / Presentadoras:

Con vistas ao Festival de Nadal, levouse a cabo un «casting» para elexir aos presentadores e presentadoras que ían introducir as distintas actuacións do Festival. Todos os e as participantes no casting demostraron ter unhas dotes especiais para desenvolver o seu cometido. Enhoraboa a todos e todas!.

Unha vez feito o casting, chegou o momento dos ensaios. Ensaios a os que todos acudiron, demostrando unha vez máis a súa predisposición e responsabilidade para levar a cabo a súa tarefa.

Invitacións Nadal:

E que mellor forma de animar ás familias para que asistan ao Festival de Nadal, que enviarlles unha invitación dos alumnos e alumnas. Aquí tedes unha mostra das mesmas:

Festival de Nadal:

Unha pequena mostra das distintas actuacións do Festival. Festival co que se da por rematado o primeiro trimestre e da comenzo ás vacacións de Nadal.

25 N: Día Internacional contra la Violencia de Género

Estándar

Co motivo da celebración do 25N, dende o centro o Cruceiro, convócase o «I Concurso de Relatos Curtos» aberto a toda a comunidade educativa

Na seguinte imaxe podedes ver as Bases do Concurso, onde se explica o tema a tratar, as distintas categorías de participación, a data límite de entrega dos relatos, así como o lugar onde podedes entregar os mesmos

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!

MAGOSTO

Estándar

O pasado 8 de Novembro, celebrouse no colexio o Magosto. E aínda que o tempo revelouse un pouquiño, puidemos disfrutar dun día ben divertido. Celebramos as finais dos concursos de trompos «Malabarismos e a Escachar», fixemos a entrega de premios, e por suposto, disfrutamos das castañas, dos bolos preñaos, e da música e dos xogos. Aquí tedes unha pequena mostra dos rapaces disfrutando do día.

VIAXANDO POLO MUNDO

Estándar

Este é o nome do novo proxecto do centro que foi presentado o pasado 4 de Novembro.

Ao chegar ao centro, na primeira hora, o alumnado foi recibido pola «tripulación» que dirixe esta viaxe, e recibiron un pasaporte que irán completando a medida que o proxecto se desenvolva. Máis tarde, ao longo da mañá, os alumnos e alumnas foron baixando ata o hall da entrada e recoller unha «maleta viaxeira», onde haberá distintos recursos e materiais relacionados co proxecto, a medida que este vaia desenvolvéndose. Aquí tedes unha pequena mostra do que vos contamos.

BUXAINAS

Estándar

Nestas últimas semanas, asistimos no cole Cruceiro a unha exhibición de baile de trompos, na que o noso alumnado mostrou unha vez máis a súa grande habilidade coas buxainas.

Organizouse un concurso con dúas modalidades: malabarismos e a escachar, e dentro destas, distintas categorías segundo os distintos niveis que participaban.

Tras varias xornadas de concurso, celebrouse a gran final o pasado 8 de Novembro.

A continuación podedes ver unha pequena selección de fotos do devandito concurso

SAMAÍN

Estándar

O pasado día 28 de Outubro celebrouse a festa de Samaín. Estivemos na sala de usos múltiples onde os rapaces e rapazas levaron a cabo os seus «Conxuros», a cal máis orixinal e divertido. De ahí xa saímos fora onde poidemos disfrutar dunha gran festa cos alumnos disfrazados e trouleando polo patio, con xogos, música e pasandoo ben, que é do que se trataba. Aquí tedes unha pequena selección de fotos.

PLAN DIRECTOR: CHARLAS INFORMATIVAS

Estándar

Neste primeiro trimestre, e dentro do Plan Director, estanse a impartir unha serie de charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º, sobre distintas temáticas de gran interese e actualidade como: a utitlización das novas tecnoloxías, o acoso escolar, a violencia de xénero, drogas e alcohol, etc. Estas charlas son impartidas por persoal experto do corpo da Garda Civil, e que nestas dúas sesións, trataron o tema do acoso escolar así como a violencia de xénero.

HORTO ESCOLAR

Estándar

Co inicio do curso escolar, arrancan tamén distintos proxectos e actividades a desenvolver ao longo de todo o ano. Entre eles, e coa participación do noso alumnado, póñese en marcha o NOVO HORTO ESCOLAR. Aquí tedes unha pequena mostra, neste caso cos alumnos de 5º

AUXILIAR DE CONVERSA

Estándar

Pouco despois de comezar o curso, dámoslle a BENVIDA a nosa nova Auxiliar de Conversa, Cara.

A súa presencia nas aulas, facilítanos un recurso clave para mellorar as competencias comunicativas do noso alumnado na lingua estranxeira. Esperamos que a súa estancia entre nós sexa do máis fructífera para todos.

BENVIDA CARA