Archivo del Autor: CEIP CRUCEIRO

HORTA ESCOLAR

Estándar

Unha vez iniciado o terceiro e último trimestre do curso, o alumnado dos distintos cursos e coa axuda de Carmen, procederon a plantar os últimos productos deste curso. Estamos a falar nin máis nin menos que de patacas, cebolas, leitugas, pementos morróns e pementos de Padrón, espinacas, remolachas de mesa, tomates, cenorias, amorodos, framboesas,… Ademais, os rapaces fixeron tamén uns carteis para identificar cada un deles dende o momento en que foron plantadas.

DÍA DO LIBRO E ANIMACIÓN Á LECTURA

Estándar

Para conmemorar o Día do Libro, leváronse a cabo distintas actividades no centro

Entre elas destacan aquelas nas que os alumnos dos cursos superiores fixeron diversas lecturas para os máis pequenos

Por outra banda, alumnos de Infantil fixeron uns marcapáxinas conmemorando o Día do Libro

E por último, e organizado pola Consellería de Cultura do Concello de Sanxenxo, se levou a cabo unha atividade de animación á lectura, distinada a alumnos desde Infantil ata 4º de Primaria.

DESTINO……EGIPTO!

Estándar

Dentro das actividades que cada aula leva a cabo, relacionadas co proxecto do Centro «Viaxando polo mundo», a continuación podedes ver un exemplo de cómo están a traballar os nosos alumnos. Neste caso, trátase dos alumnos de 5º de Educación Infantil.

Implicación absoluta! PARABÉNS!!!

DESTINO: EGIPTO

Estándar

EASTER

A finais de marzo, e dende o departamento de Inglés, celebrouse «Easter», e aproveitouse para traballar distintas tradicións sobre esta festa que se levan a cabo nos distintos países de fala inglesa.

Para elo, os nosos alumnos e alumnas comezaron por facer distintas decoracións típicas desta época: elaboraron as súas «Easter baskets», e levaron a cabo a tradicional procura do ovo «Easter hunt». A continuación tedes unha pequena mostra de todo o que os estamos a contar:

Estándar

ACTIVIDADES CIM

Seguindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, os alumnos e alumnas de 1º curso tiveron unha sesión adicada as mulleres científicas na que, ademais de coñecer a traxectoria de algunhas mulleres referentes no campo da investigación e a ciencia, puideron tamén levar a cabo unha serie de experimentos sinxelos e adaptados a súa idade. A continuación podedes ver algunha das instantaneas tomadas na devandita sesión.

8 MARZO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Estándar

Onte celebrouse o Día Internacional da Muller.

8 de Marzo: día simbólico no que as protagonistas son as mulleres. Mulleres das nosas familias, da nosa contorna ou da nosa sociedade, que co seu exemplo vital dannos unha leción de vida inmellorable.

A todas elas: FELIZ DÍA!!!

A continuación podedes ver unha pequena mostra dos traballos realizados tanto a nivel centro, aula o coa colaboración das familias.

SAÍDA CULTURAL

Estándar

Unha vez máis parte do noso alumnado, neste caso alumnos e alumnas do 2º ciclo, fixeron unha saída cultural a Pontevedra o pasado 2 de marzo, para asistir a unha función teatral

Nesta ocasión a obra que se representou foi: «NAUTILUS: 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO»

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Estándar

O pasado 23 de Febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro no noso centro.

Con tal motivo os alumnos de 6º EP, léronnos un poema escollido por eles, no que Rosalía describe como se vivía naquela época, con moitas dificultades e carencias, pero ao mesmo tempo, coa forza suficiente para saír adiante coa vida. Incluso ser quen de escribir poemas tan fermosos como os que Rosalía deixou gravados para sempre.

A continuación podedes ver distintos momentos nos que o noso alumnado procedeu á lectura do poema elixido

«MIÑA CASIÑA, MEU LAR»

ENTROIDO 2023

Estándar

Xa estamos no ENTROIDO, e o que toca agora é, disfrazarse, bailar,…., en definitiva, troulear un pouquiño!!

Certo! O Entroido xa está aquí, e con moitas ganas de celebralo ao grande, tomamos nota dos mandados do noso Meco. Aquí tedes cada un deles:

Unha vez chegado o gran día, os nosos rapaces e rapazas xa están listos para comezar o desfile e a FESTA!!!!

Nos días previos ao desfile, os nosos alumnos fixeron a decoración dos corredores do cole para crear certo ambiente. Aquí tedes unha pequena mostra:

Estándar

14 DE FEBREIRO : SAN VALENTÍN

Como xa é tradición no Cruceiro, o alumnado escribe cartas e as depositan no buzón colocado na entrada do centro. Cartas que, unha vez entregadas aos seus destinatarios, abríronse o mesmo día 14.

Por outra banda, dende o centro anímase tamén a participar na actividade «NAMÓRATE DO GALEGO», na que se escriben cartas adicadas ao noso idioma contando nelas todo aquelo que nos gusta e nos pode namorar del. A idea ao propoñer esta actividade, era non só traballar e indagar no vocabulario da nosa lingua, senón tamén fomentar o uso da mesma para expresar sentimentos de agarimo, amor, empatía, etc.

As mellores cartas foron expostas no panel instalado para iso na entrada do centro

Estándar

SAÍDA CULTURAL

O pasado 14 de Febreiro, os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, fixeron una saída cultural a Pontevedra, para asistir a unha función teatral en inglés, «What monster»?. A continuación podedes ver algunha imaxen desta saída.

Estándar

DÍA DE LA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro celebrouse no centro o Día da Paz e Non Violencia.

Para empezar, os alumnos fixeron distintos adornos e carteis que se puxeron en distintas zonas do cole, aquí tedes unha pequena mostra dos mesmos:

Para comezar a celebración, baixamos á sala de usos múltiples, onde cada grupo procedeu á lectura de distintos poemas a favor da paz e en contra da guerra de Ucraína. A continuación podedes ver algunhas imaxes das distintas actuacións:

E para rematar esta celebración, cantamos a canción «QUE PARE LA GUERRA» de Maná:

DE NOVO NO COLE

Estándar

Novo trimestre, e novos acontecementos e celebracións. Xa estamos de volta e listos para arrancar este novo ano 2023 con moitas ganas de facer cousas novas. Pero que mellor forma de comezar o ano, que seguindo unha alimentación saudable. Mirade que verduras saíron do noso Horto: brocoli, coliflor, repolos…….

Pois xa sabedes!!!!…..Se forte queres estar, verduras debes tomar!!!!

DECEMBRO

Estándar

A continuación mostramos un pequeno resumo do acontecido no mes de Decembro:

Adornos Nadal:

Como tódolos anos, comezamos o mes adornando o cole cos adornos navideños para crear certo ambiente. Aquí tedes unha pequena mostra :

Casting Presentadores / Presentadoras:

Con vistas ao Festival de Nadal, levouse a cabo un «casting» para elexir aos presentadores e presentadoras que ían introducir as distintas actuacións do Festival. Todos os e as participantes no casting demostraron ter unhas dotes especiais para desenvolver o seu cometido. Enhoraboa a todos e todas!.

Unha vez feito o casting, chegou o momento dos ensaios. Ensaios a os que todos acudiron, demostrando unha vez máis a súa predisposición e responsabilidade para levar a cabo a súa tarefa.

Invitacións Nadal:

E que mellor forma de animar ás familias para que asistan ao Festival de Nadal, que enviarlles unha invitación dos alumnos e alumnas. Aquí tedes unha mostra das mesmas:

Festival de Nadal:

Unha pequena mostra das distintas actuacións do Festival. Festival co que se da por rematado o primeiro trimestre e da comenzo ás vacacións de Nadal.

25 N: Día Internacional contra la Violencia de Género

Estándar

Co motivo da celebración do 25N, dende o centro o Cruceiro, convócase o «I Concurso de Relatos Curtos» aberto a toda a comunidade educativa

Na seguinte imaxe podedes ver as Bases do Concurso, onde se explica o tema a tratar, as distintas categorías de participación, a data límite de entrega dos relatos, así como o lugar onde podedes entregar os mesmos

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!