Unha vez iniciado o terceiro e último trimestre do curso, o alumnado dos distintos cursos e coa axuda de Carmen, procederon a plantar os últimos productos deste curso. Estamos a falar nin máis nin menos que de patacas, cebolas, leitugas, pementos morróns e pementos de Padrón, espinacas, remolachas de mesa, tomates, cenorias, amorodos, framboesas,… Ademais, os rapaces fixeron tamén uns carteis para identificar cada un deles dende o momento en que foron plantadas.







