ACTIVIDADES CIM

Seguindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, os alumnos e alumnas de 1º curso tiveron unha sesión adicada as mulleres científicas na que, ademais de coñecer a traxectoria de algunhas mulleres referentes no campo da investigación e a ciencia, puideron tamén levar a cabo unha serie de experimentos sinxelos e adaptados a súa idade. A continuación podedes ver algunha das instantaneas tomadas na devandita sesión.



