Archivos Mensuales: octubre 2022

PLAN DIRECTOR: CHARLAS INFORMATIVAS

Estándar

Neste primeiro trimestre, e dentro do Plan Director, estanse a impartir unha serie de charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º, sobre distintas temáticas de gran interese e actualidade como: a utitlización das novas tecnoloxías, o acoso escolar, a violencia de xénero, drogas e alcohol, etc. Estas charlas son impartidas por persoal experto do corpo da Garda Civil, e que nestas dúas sesións, trataron o tema do acoso escolar así como a violencia de xénero.

HORTO ESCOLAR

Estándar

Co inicio do curso escolar, arrancan tamén distintos proxectos e actividades a desenvolver ao longo de todo o ano. Entre eles, e coa participación do noso alumnado, póñese en marcha o NOVO HORTO ESCOLAR. Aquí tedes unha pequena mostra, neste caso cos alumnos de 5º

AUXILIAR DE CONVERSA

Estándar

Pouco despois de comezar o curso, dámoslle a BENVIDA a nosa nova Auxiliar de Conversa, Cara.

A súa presencia nas aulas, facilítanos un recurso clave para mellorar as competencias comunicativas do noso alumnado na lingua estranxeira. Esperamos que a súa estancia entre nós sexa do máis fructífera para todos.

BENVIDA CARA