Archivos Mensuales: junio 2022

Graduación 6º Educación Infantil e excursión á Coruña

Estándar

Acaba o curso e chega o momento das despedidas. O alumnado de 6º de Educación Infantil finaliza unha etapa educativa e celebrárono con grande entusiasmo acompañados polos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria como ben podedes ver no seguinte video:

Ademais, despois de moito tempo agardando este curso tamén puideron realizar a tan desexada excursión á Coruña, onde desfrutaron dunha xornada ben diferente e chea de emoción:

Unha xornada de surf

Estándar

Como actividade de fin de curso os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de aprender unhas nocións básicas de surf na praia da Lanzada.

Malia que o tempo parecía que non ía acompañar e as familias estaban algo preocupadas polo frío, os cativos pasáronno en grande como ben podedes ver na seguinte presentación de fotos:

Visita ao museo

Estándar

O venres 10 de xuño o alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha visita cultural ao museo de Pontevedra. Ademáis de percorrer as diferentes salas realizaron unha actividade moi entretida e dinámica que consistiu en facer unha viaxe pola Prehistoria. Aquí vós deixamos unhas fotos que mostran o ben que lles foi a xornada.

Saída fin de curso 1º e 2º

Estándar

Este martes 7 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria foron de excursión ao Ecoparque en Marín. Trátase dun parque multiaventura onde tiveron ocasión de realizar diversas prácticas deportivas en pleno contacto coa natureza. Desfrutaron de diferentes xogos, círcuitos, actividades de tirolina e ata se atreveron a montar a cabalo. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron!

Concerto Paco Pakolas

Estándar

Este mércores 8 de xuño tivemos unha visita moi especial. O autor, músico e compositor Paco Cerdeira «Pakolas» achegouse ao noso cole a presentarnos o seu espectáculo «Rockeando con Ramona Órbita». Ainda que o tempo non acompañou moito foi unha xornada ben diferente onde predominou o baile. Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido:

Obradoiro «Ti si que es un bo peixe»

Estándar

O pasado venres día 3 de xuño o alumnado de 5º e 6º desfrutou doutra xornada de obradoiros dentro do Plan Proxecta «Aliméntate ben». Tratouse da actividade «Ti si que es un bo peixe» que ten como obxectivo dar a coñecer os aspectos saudables do consumo dos produtos do mar.

Desta volta tiveron a oportunidade de facer unha excursión virtual con gafas de realidade aumentada onde aprenderon curiosidades sobre peixes e mariscos galegos. Tamén, puideron degustar uns aperitivos elaborados con ditos produtos.

Saída fin de curso 6º

Estándar

Este ano o alumnado de 6º de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso tres días a Manzaneda. No primeiro día fixeron unha parada máis que obrigada nas termas de Outariz onde tamén aproveitaron para xantar. Despois seguiron a viaxe cara Manzaneda onde pasaron o resto dos días.

Unha vez en Manzaneda atrevéronse cunha chea de actividades: pelota canadiense, actividades de orientación e tiro con arco. Tamén tiveron a oportunidade de desfrutar da piscina, do parque multiaventura, da actividade de vivacs e de montar a cabalo.

Entre actividade e actividade tamén gozaron de saborosas comidas nas que non faltaron os ricos xeados!

Nesta actividade denominada vivacs tiveron que construir un refuxio na que tiñan que coller todos os integrantes do equipo.

Foron tres días cheos de aventuras para todos e todas nas que non faltaron os momentos únicos e inesquecibles, coma cando entre todos case levan unha árbore para o autobús.