Archivos Mensuales: mayo 2022

Día das Letras Galegas 2022 – Florencio Delgado Gurriarán

Estándar

Este 17 de maio, o día das Letras Galegas estivo adicado a Florencio Delgado Gurriarán. Para conmemoralo no CEIP Plurilingüe Cruceiro fixemos diferentes actividades.

Dentro do proxecto que se está a traballar neste curso escolar 2021/2022 o alumnado estivo investigando sobre o interrogante «E por que se celebran as Letras Galegas?»

Como resposta a esta cuestión obtivemos o denominado «Camiño das Letras» que comeza en 1963 coa memorable Rosalía de Castro e remata coa figura de Florencio Delgado Gurriarán neste 2022.

Por último, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil elaboraron un video onde nos contan todo este percorrido:

Fai clic ao teu bocata

Estándar

O alumnado do CEIP Plurilingüe Cruceiro tivo a oportunidade de participar nos obradoiros «Fai clic ao teu bocata» e » Ti si que es un bo peixe» pertencente ao programa «Aliméntate ben» do Plan Proxecta.

A través destas actividades os nenos e nenas aprenderon as características de diversos peixes e mariscos, os seus nomes, a maneira de pescalos e o proceso que seguen dende que están no seu medio natural ata que os meten en latas de conserva para despois poder ser consumidos.

Foi unha xornada moi productiva na que remataron coa barriga chea! Xa que tiveron a ocasión de desfrutar duns bocatas elaborados con alimentos do mar.

Fai clic na imaxe para ver o video da clase de 6º sobre a actividade:

Charla sobre o uso das Novas Tecnoloxías

Estándar

Neste terceiro trimestre seguen as charlas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º enmarcadas dentro do Plan Director. O xoves día 21 estiveron orientadas ao uso das Novas Tecnoloxías, para iso contamos coa presenza dunha persoa experta do corpo da Garda Civil que nos explicou acerca dos riscos e vantaxes dun uso adecuado destes recursos tan presentes no noso día a día.