Archivos Mensuales: enero 2022

O Cruceiro voa pola paz

Estándar

O pasado venres conmemoramos no centro o Día escolar da non violencia e da paz. Pinchando no seguinte enlace accederedes ao blog da bilbioteca, que se fixo eco no seu último post das actividades que realizamos para conmemorar esta data tan sinalada: https://bibliotecadocruceiro.blogspot.com/

Charlas informativas en 5º e 6º: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Estándar

Tras unhas merecidas vacacións, en xaneiro retomamos actividades comas as charlas dirixidas a 5º e 6º pertencentes ao Plan Director. O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

As charlas comezaron no primeiro trimestre e retomáronse esta pasada semana, na que os alumnos recibiron información e recursos sobre a violencia de xénero.

Por outra banda, seguimos traballando no noso proxecto científico "E por que ...?" e preparando actividades para o Día Escolar da Non-violencia e a Paz, ao que adicaremos o próximo post.