Magosto 2021

Estándar

Bo día familias!

Como xa sabedes, fai un par de semanas celebramos o magosto no colexio. Aquí vos deixamos uns álbumes cunha selección de fotos do evento. O tempo acompañounos e puidemos gozar das castañas, dos bolos preñados, e dos trompos, estivo xenial!

Seguide atentos ao blog, xa que estas semanas estamos facendo actividades moi interesantes e pronto subiremos o resultado.

Por último, recordarvos que podedes visitar o blog da biblioteca para coñecer de primeira man como vai o noso proxecto «E por que …?» xa que temos novas entradas. http://www.bibliotecadocruceiro.blogspot.com.es

Apertas!

Los comentarios están cerrados.