Archivos diarios: 10/10/2021

Benvidos ao novo curso 2021-22!

Estándar

Bo día familias, por fin chegou o momento de estrear o noso novo colexio!

Tras familiarizarnos cos novos espazos, xa estamos preparados para levar a cabo o noso proxecto para este curso 2021-21, dedicado á ciencia e chamado «E por que?»

Neste proxecto, o alumnado atopará a solución a aqueles interrogantes que lle xurdan sobre o funcionamento dos obxectos, procesos da vida cotiá e fenómenos terrestres e humanos a través do método científico.

O inicio da experimentación neste proxecto comezou, como non podía ser doutro xeito porque é tema de actualidade, co proceso de erupción dos volcáns. Os distintos cursos foron realizando maquetas e experimentando coas reaccións producidas. Aquí podedes ver unha selección de imaxes dos procesos:

Unha vez desvelada a temática… cara onde nos levará este proxecto? Seguide atentos ao blog para descubrilo!