Bo día familias! Pasámonos por aquí para recordarvos que tendes novas entradas no blog da biblioteca, onde recollemos todo o traballado no curso académico.
Tamén atoparedes alí as recomendacións lectoras para este verán 2021.
Sen máis, darvos as grazas por toda a colaboración prestada neste curso tan intenso e difícil. Felices vacacións e esperámosvos en setembro!