Archivos diarios: 21/04/2021

O teu é puro teatro

Estándar

Bo día familias! Nesta ocasión traémosvos un vídeo gravado polos alumnos de 3ºA no noso set de teatro onde nos explican refráns galegos. Con estas actividades buscamos fomentar o uso do galego a través de xogos e improvisacións teatrais, chistes, monólogos… 

 Esperemos que vos guste e seguide atentos ao blog, xa que haberá novas entregas!

Por outra banda, non esquezades visitar o blog da nosa biblioteca, xa que alí temos novas seccións coma Bookflix e Booktubers, onde os nosos alumnos e alumnas nos contan cales son os seus libros favoritos e as súas recomendacións lectoras. Pinchade no seguinte enlace para visitalo: https://bibliotecadocruceiro.blogspot.com/

Ata a próxima!