Archivos Mensuales: diciembre 2020

Bo Nadal e Feliz 2021 para todos!

Estándar

Como xa saberedes, o último día de cole deste ano non puidemos celebrar o Nadal como tanto nos gusta: cun festival cheo de actuacións e coas nosas familias como público, pero aínda así as sorpresas non faltaron:

Os Reis Magos viñeron a recoller as nosas cartas!!! Foi moi emocionante!!!

Os nenos de 3 anos gravaron esta actuación de Nadal para que a poidamos gozar todos:

Os nenos de 4 anos tamén gravaron un vídeo de Nadal para compartir con todos vós:

E por último, nestas datas tan sinaladas, aproveitamos para felicitarvos as festas cun álbum de fotografías de actividades feitas ao remate de 2020 no colexio que quedaron no tinteiro do noso blog. Unha delas foi un obradoiro de arte rupestre en 5º de Primaria, foi moi interesante! Por outra banda, a profe Cris levou os contos Brown Bear e The Colour Monster a infantil, they love them!

Estade atentos a próximos post, xa que ensinarémosvos máis actividades que nos gustaron e nos fixeron a aprendizaxe moi entretida :)

E xa para despedirnos… botastes unha ollada ao blog da biblioteca? Alí tedes as recomendacións de lectura do Nadal 2020. Picha no enlace para visitalo:

http://bibliotecadocruceiro.blogspot.com/

BOAS FESTAS A TODOS!!!!