Archivos diarios: 02/11/2020

BO SAMAÍN A TODOS!

Estándar

Aínda que este ano fixemos unha celebración diferente, pasámolo de medo!

Como somos un cole plurilingüe, tamén celebramos Halloween coas nosas teachers Eva, Cristina, Eli e Noelia. Durante a semana, fixemos decoracións de medo, que apareceron nunha casa encantada ou haunted house!

Durante a semana, os nenos e nenas de 1º fixeron unhas pantasmas. Estas foron vivir á casa encantada, e quedaron alí tan contentas que nos deixaron unha sorpresiña cando fomos visitalas:

Nesta “haunted house” tamén fixemos un escape room: Tivemos que ir alí a buscar uns sobres con acertixos para descifrar un código secreto. O código abría candados e daba acceso a unhas sorpresas mooooi doces, como é tradición. Pasámolo xenial! Aquí tendes un vídeo resumo da experiencia:

Xa chegado o venres, coas nosas mellores galas celebramos o Samaín:

O tempo acompañounos e pasámolo xenial no recreo: con música galega e “vixiados” por uns paiasos terroríficos que estaban de garda:

En intantil, tivemos a visita de familiares que nos leron contos de medo, foi terrorífico!

Tamén estivemos traballando por cursos nos nosos propios contos de medo. Gustáronnos tanto que decidimos gravarnos contándoos. Estade atentos ao seguinte post porque próximamente compartirémolos con todos vós.

Unha aperta terrorífica!