BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2020-21

Estándar

Dende o colexio Cruceiro queremos darvos a benvida a este novo curso escolar, botámosvos moito de menos!

Esperamos que veñades con moitas ganas e ilusión. Os mestres e persoal do centro estamos moi contentos de volver ao cole, pero como novidade, este curso temos que seguir unhas novas normas de hixiene, que son as seguintes:

  • Debemos entrar no cole coa nosa máscara posta:

  • Ao entrar, pasaremos polas alfombras desinfectantes: a primeira serve para mollar os zapatos en desinfectante, e a segunda para secalos:

  • En secretaría e en tódalas aulas contamos con xel desinfectante. Non esquezas botalo cada vez que entres e saias, e sempre que sexa necesario:
  • Tamén contamos con spray desinfectante e papel en tódalas aulas:
  • Cando queiramos ir ao baño, teremos que comprobar que o sinal estea en verde: se é así, podes pasar. Se está en vermello, debemos esperar a que quede libre:
  • Por todo o cole hai carteis para recordar as normas. Temos que cumprilas para poder gozar con seguridade deste novo curso:

Que teñades un bo inicio de curso!

Los comentarios están cerrados.