Hoxe tivemos no cole a visita do Refuxio de animais de Cambados.
Moitas grazas polo voso tempo falando sobre o coidado dos animais e as actividades no refuxio.
Hoxe tivemos no cole a visita do Refuxio de animais de Cambados.
Moitas grazas polo voso tempo falando sobre o coidado dos animais e as actividades no refuxio.
É tempo de Entroido!
En relación co proxecto “Mares de plástico”, este ano todos os cursos disfrazámonos de mergulladores.
Baixo o lema “Mergulladores en acción, cole en construcción” visitamos as obras do que será o novo colexio e alí cantamos a canción que nos fixeron especialmente para a ocasión.
Para rematar a xornada degustamos os doces típicos do Entroido e desfilamos ao ritmo da música no patio.
VIVA O ENTROIDO!
Máis XOGADE!
As nenas e nenos de sexto A visitaron o CEIP de Castrelo para levar a cabo unha nova xornada de deporte na escola!
Grazas!
Isto non para!
Hoxe visitounos o CEIP Noalla-Telleiro.
O alumnado de sexto B desfrutou desta xornada co alumnado de quinto de Noalla.
Parabéns!
O alumnado de cuarto desprazouse ata o Pavillón Monte da Vila para xogar coas nenas e nenos do CEIP As Bizocas!
Outra xornada marabillosa!
Aquí deixamos unhas fotos do alumnado de Infantil na súa visita á biblioteca de Vilalonga.
Ler é unha aventura!
O servizo de bombeiros do Concello visitou o noso centro para informar aos cursos de quinto e sexto sobre as medidas de actuación en caso de emerxencia (primeiros auxilios).
Grazas!
Xa temos horto escolar!
Estamos moi ilusionados e ilusionadas con este novo espazo! Ao longo do curso será o punto de partida para levar a cabo diferentes actividades.
Atentos e atentas!