Archivos Mensuales: enero 2020

XOGADE

Estándar

O alumnado do cole desfrutou do deporte escolar nunha xornada máis do programa deportivo XOGADE.
O martes visitounos o CEIP A Florida e o mércores déronnos a benvida no CEIP Portonovo.

Parabéns!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

PAZ

Estándar

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no centro o día da non violencia e a Paz.

As nenas e nenos de todos os cursos recitaron os seus versos en favor dun mundo mellor onde todas e todos poidamos convivir en paz.

Ao mesmo tempo, cada curso colocou unha peza no taboleiro para formar un mural conxunto.

Aproveitamos tamén este tempo para premiar aos gañadores do concurso de papeleiras celebrado esta mesma semana.

Parabéns por participar!

PAZ

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

IRIÑA BAILARINA

Estándar

No día de hoxe, a compañía de teatro dos Ghazafelhos visitou o noso colexio para dramatizar un dos contos que máis nos gustan: Iriña Bailarina.
Trátase dunha fermosa obra que invita a unha necesaria reflexión sobre a igualdade e os estereotipos de xénero na actualidade.

Desfrutamos moitísimo!