Archivos diarios: 18/12/2019

O TRASNO!

Estándar

Durante o mes de decembro tivemos no colexio a visita do TRASNO.

Pasou por todas as aulas facendo trasnadas e tomando boa nota da nosa actitude. Do mesmo xeito, fíxonos partícipes da súa historia deixando pistas para coñecelo un pouco máis ata que o pasado martes o puidemos ver moi de cerca.

O TRASNO recolleu as cartas que lle fixeron os nenos e nenas de infantil e todos e todas escoitamos a súa historia e cantamos e bailamos con el.

A reacción do alumnado foi ben variada; caras de ledicia, de sorpresa e ata de medo!

EN GALEGO SABE MELLOR!

Estándar

Máis actividades relacionadas coa dinamización da lingua galega e, neste caso, tamén co noso proxecto “Mares de plástico”.

Aquí vos presentamos o traballo feito polos nenos e nenas de 4 anos.