Archivos diarios: 13/11/2019

MAGOSTO 2019

Estándar

O Magosto é unha das celebracións que máis desfruta o alumnado do centro. Por iso, nin a intensa choiva da xornada de onte impediu que o levásemos a cabo. O ximnasio foi o escenario elixido e non faltou de nada: concurso de trompos (malabarismos), pan con chourizo e castañas.

Unha xornada estupenda compartindo espazo e actividades todas e todos xuntos!

NENAS E NENOS DE 2º EN XOGADE

Estándar

No día de hoxe o alumnado de 2º desprazouse ata Portas para participar no Campionato comarcal do Salnés de CAMPO A TRAVÉS.

Foi un día moi especial no que compartimos experiencias con alumnas e alumnos dos colexios da contorna e desfrutamos facendo deporte.

Xa estamos agardando a próxima!