Archivos diarios: 09/11/2019

TALLERES DO SAMAÍN EN INFANTIL

Estándar

As nenas e nenos de Infantil levaron a cabo os TALLERES DO SAMAÍN coa colaboración das familias. Houbo lectura de contos de medo, cociña terrorífica e baleirado de cabazas.

Moitas grazas pola vosa participación, familias!

SAMAÍN 2019

Estándar

No Samaín deste ano houbo conxuros e vasoiras voadoras, vampiros e esqueletos, bruxas e demos, cabazas e morcegos, pantasmas e nenas e nenos que metían medo.

Ademais, relacionando a celebración do Samaín co proxecto “mares de plástico” propuxemos facer toda a posta en escena do festival con materiais de refugallo.

Pasámolo de medo!