Archivos Mensuales: noviembre 2019

25 DE NOVEMBRO DO 2019

Estándar

Hoxe, luns 25 de novembro do 2019, celébrase o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Deste xeito, os corredores do colexio locen lazos morados nos que deixamos por escrito as reflexións levadas a cabo nas aulas.

CONCURSO DE TROMPOS 2019

Estándar

O venres puxemos punto e final ao concurso de trompos 2019 no colexio coa final da categoría “escachar” e a entrega de trofeos. Cabe recordar tamén que a final de “malabarismos” tivo lugar o pasado martes coincidindo coa celebración do Magosto.

Nas vindeiras semanas, os gañadores de cada categoría xogarán con nenos e nenas doutros colexios da contorna levando a cabo así un CAMPIONATO INTERCENTROS que este ano se celebra no CEIP de Noalla-Telleiro.

Parabéns a todas e todos e agardamos que os trompos nunca deixen de xirar en Vilalonga!

MAGOSTO 2019

Estándar

O Magosto é unha das celebracións que máis desfruta o alumnado do centro. Por iso, nin a intensa choiva da xornada de onte impediu que o levásemos a cabo. O ximnasio foi o escenario elixido e non faltou de nada: concurso de trompos (malabarismos), pan con chourizo e castañas.

Unha xornada estupenda compartindo espazo e actividades todas e todos xuntos!