Archivos Mensuales: junio 2019

FIN DE CURSO

Estándar

O último día do curso celebramos o gran FESTIVAL DE CINE como broche de ouro ao proxecto “UN COLE DE PELÍCULA”!

Nesta gala fixemos entrega dos Cruceiriños de prata e de ouro ás curtas que previamente as nenas e nenos votaron e houbo tempo tamén para actuacións, despedidas e un repaso en fotos dos mellores momentos do curso.

Agora chega o momento de gozar do verán e coller folgos para o seguinte curso. Levamos connosco unha chea de recordos que, de seguro, serán difíciles de esquecer.

Ata o curso que ven!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

AS NOSAS CURTAS

Estándar

Como parte do proxecto “UN COLE DE PELÍCULA”, todos os cursos levaron a cabo a gravación da súa propia curta. Foi un proceso moi interesante no que aprenderon moito e o cal tivo uns resultados alucinantes. Temos moi bos actores e actrices no Cruceiro!

Así mesmo, o vindeiro venres 21 de xuño, coincidindo co remate do curso, celebraremos un gran festival de cine onde teremos actuacións, entrega de premios e, por suposto, moita emoción.

MOURISCADE 2019

Estándar

Este ano na excursión de 5º fomos 3 días a Mouriscade, Lalín.

No primeiro día fomos de paseo polo monte que había e pola noite fixemos un paseo nocturno.

No segundo día fixemos unha ruta polo medio do monte e había moita lama. Manchámonos os zapatos pero logo secáronse e puidemos andar moito para ver o castro de Doade, a Casa do Patrón e o pobo de Mouriscade.

No terceiro día non queríamos marchar porque pasarámolo moi ben.

A LANZADA

Estándar

Como cada ano, o colexio ao completo desfrutou da saída á praia da Lanzada.

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria desprazouse ata alí camiñando mentres os outros cursos foron en bicicleta.

Pola mañá estivemos na praia facendo xogos e despois xantamos no pavillón do colexio de Noalla. Xa pola tarde, antes de volver para Vilalonga, fomos camiñando ata a Capela da Lanzada.

Un dos días máis agardados por todas e todos resultou todo un éxito!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

AS NENAS E NENOS DE 6º EN MADRID

Estándar

Logo de tanto tempo de espera e de traballo na aula, o alumnado de 6º viaxou a Madrid como saída de fin de curso.

Toda unha experiencia na que visitaron o Parque do Retiro, o Museo do Prado, a Plaza Mayor, o Museo de Cera, o musical do “Rey León”, o Museo Reina Sofía, Faunia, o Mercado de San Miguel, o Parque de Atraccións e o Templo de Debod, ademais de percorrer as rúas da capital e desprazarse utilizando o metro.

Foi unha aventura inesquecible para todas e todos na que o pasaron en grande.