Archivos diarios: 12/04/2019

SAÍDA AO CINE!

Estándar

Como parte do noso proxecto “Un cole de película” non podía faltar a visita ao cine. Nesta ocasión o colexio ao completo desprazouse ata Vilagarcía para ver a nova película de Dumbo dirixida por Tim Burton e tamén para coñecer como funciona a proxección de películas nunha sala de cine.

Para algúns era a primeira vez que ían ao cine, outros emocionáronse coa película e todos e todas desfrutamos moito no que, seguramente, foi un dos momentos do curso.

Novas vivencias e coñecementos relacionados co sétimo arte!

Aquí deixamos unhas fotos que falan por si soas.