Archivos diarios: 06/04/2019

O ESCRITOR CIMADEVILA VISITA OS NOSOS CLUBS DE LECTURA

Estándar

O pasado venres 29 de marzo un dos escritores elixidos este ano para os clubs de lectura, Fernando Cimadevila, fíxonos unha visita. Explicou moitos aspectos do seu libro “O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños” e as nosas alumnas e alumnos fixéronlle moitas preguntas. Tamén o agasallaron cun precioso ramo e doces feitos por elas e eles na casa coa axuda de pais, nais, avoas e avós, aos que dende aquí lle queremos dar as grazas.

1

GRAZAS POR VIR!

Tamén deixamos varios vídeos da sesión deste día: