Hoxe cumprimos coa tradición e elaboramos os MAIOS no colexio. Dende primeira hora da mañá puxémonos mans á obra enfiando pampullos, ovos e laranxas e cubrindo de verde o armazón do maio. Para rematar, o alumnado de 6º interpretou as coplas que previamente elaboramos entre todos os cursos.
Desfrutamos moito do día pois foi unha actividade na que participamos toda a comunidade educativa cun obxectivo común: a elaboración do noso maio.
A primavera xa está aquí!