Archivos Mensuales: febrero 2019

Xornada deportiva XOGADE

Estándar

Seguimos coas xornadas deportivas XOGADE. Nesta ocasión o CEIP San Roque de Corón veu xogar co alumnado de 3º ao noso centro mentres que outro grupo de 3º desprazouse ata o CEIP Plurilingüe A Florida en Sanxenxo. Pola súa parte, as nenas e nenos de 5º visitaron o CEIP Noalla-Telleiro.

Anuncios

SAÍDA DAS NENAS E NENOS DE 1º E 2º

Estándar

Este luns as alumnas e alumnos de 1º e 2º visitamos Pontevedra para ver a función “Eu cociño, ti cociñas?” de Mamá Cabra e quedamos encantados. Tamén visitamos o edificio do Café Moderno para coñecer a historia do famoso Loro Ravachol.

Entre tanto tivemos tempo para merendar ao lado duns músicos moi especiais. Mirade as fotos!