Archivos diarios: 23/12/2018

Presentadores e presentadoras do festival de Nadal

Estándar

Que sería dun festival de Nadal sen uns bos presentadores e presentadoras para dar paso a todas as actuacións?

Quedamos abraiados das boas maneiras que amosaron estas nenas e nenos. Non foi casualidade, houbo moito esforzo previamente practicando e coidando todos os detalles.

Ademais, foi un bo momento para practicar a nosa competencia lingüística dunha maneira moi divertida e cunha finalidade real.

Podedes ver parte do proceso nestas fotos!

 

Festival de Nadal

Estándar

Xa chegou o Nadal e con el o noso festival!

Sen dúbida foi un día moi divertido no que todas e todos desfrutamos das actuacións máis orixinais así como da visita dos Reis Magos. Paga a pena ver as caras de ilusión que temos nestes días.

Que teñades un bo Nadal e unha boa entrada no ano novo!