Archivos diarios: 21/12/2018

VISITA DO TRASNO!

Estándar

Estas semanas tivemos no cole unha visita moi divertida. O Trasno foi percorrendo as distintas aulas e todas e todos participamos na súa divertida historia. Tivemos que vixiar o seu cu inquieto, ter moito ollo coas súas trasnadas e descifrar as pistas que nos ía deixando para ver onde se agochaba.

O día que o vimos en persoa quedamos coa boca aberta.

Mirade as fotos!