
Este ano os nenos e nenas de terceiro ciclo traballamos as linguas dunha forma distinta no contexto lingüístico. Fixemos dobraxes de curtas celebrando que este ano imos estudar o cine. Para elo, tivemos que escoller cachiños de películas ou series para dobrar. Fomos actores.
Primeiro seleccionamos catro curtas e cada grupo dobrou a súa. Despois editamos os audios e introducímolos nos videos para que tiveran son.
Para acabar, fixemos unha autoavaliación para valorar o noso traballo e o do noso grupo.
Gústanos o contexto, pero estaría ben que os profes so estiveran para explicar o que temos que facer, que nos organizáramos sos e que nos deixaran ir ao noso ritmo.