Archivos diarios: 17/11/2018

MAGOSTO 2018

Estándar

Este martes, a pesar de ser día 13, acompañounos un tempo marabilloso para celebrar todos xuntos o MAGOSTO.

Neste día tan típico do outono non faltou de nada: finais do concurso de trompos coas categorías de “escachar” e “malabarismos” e as súas correspondentes entregas de premios, o tradicional pan con chourizo, cantigas, xogos, algunha que outra cara pintada con carbón e, por suposto, unhas riquísimas castañas asadas que todas e todos desfrutamos!

Encántanos o MAGOSTO!