Archivos diarios: 08/11/2018

Exposición de cabazas no Samaín

Estándar

Non podía faltar a xa tradicional exposición de cabazas no Samaín. Este ano, en sintonía co proxecto do colexio, a temática para elaborar as creacións foi o cine. Temos que dicir que quedamos abraiados cos resultados, a creatividade funciona a pleno rendemento nas familias do Cruceiro!

Aquí podedes ver os resultados!

Festival de Samaín

Estándar

Como cada 31 de outubro, celebramos o festival de Samaín no colexio e no ximnasio puidemos ver dende conxuros ata cancións terroríficas interpretadas por bruxas, esqueletos, zombis, etc.

Pasámolo de medo cos disfraces, as fotos e as actuacións!

Aí vai unha mostra do que foi ese día!