Archivos diarios: 05/11/2018

Xa comezan a bailar os trompos!

Estándar

Un ano máis o concurso de trompos está a ser un éxito no colexio! Esta vez foi a quenda da categoría de “escachar” e pasámolo en grande xogando, animando e os nosos maiores supervisando que todo fora ben.

O concurso segue e a final celebrarase o día do MAGOSTO!

E como unha imaxe vale máis que mil palabras aí van unhas cantas fotos!

 

Obradoiro de meditación

Estándar

Este curso comezamos a poñer en práctica un taller de meditación polo que irán pasando todos os cursos do colexio. Polo de agora, foron as alumnas e alumnos de 6º os encargados de inauguralo e para mostra unhas imaxes!

Agardamos que nos axude a seguir xestionando as nosas emocións e seguiremos informando das novas desta actividade!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.